viernes, 9 de diciembre de 2011
A Dereita no Concello de Fene
Warren Buffet , un dos máis ricos do planeta dixo hai pouco: “ a loita de clases existe e estámola gañando os máis ricos á conta dos pobres, porque somos os que a diriximos”
Unha parte da esquerda, despois da caída do muro e incluso antes, non solo abandona a loita de clases senón que se pasa de freada coqueteando cos métodos da dereita neoliberal. Simultaneamente a propaganda da dereita transforma medias verdades en verdades absolutas e mentiras en medias verdades.
Vencida e desarmada ideoloxicamente a sociedade o neoliberalismo móvese ás anchas. ¿Explica todo esto porque no concello de Fene, despois de 28 anos con alcalde do BNG e 4 anos do PSOE, pasa o PP a ser o partido máis votado? En parte si
Case 30 anos dan para producir cambios de calado que en Fene son profundos. Desde mediados dos anos 80 e principios dos 90 o desmantelamento do sector naval produce unha modificación substancial na estructura da poboación activa e no tecido empresarial. Nese contexto , mentres o PCE, o PTE-UC ( Partido dos Traballadores de España- Unidade Comunista) e o Bloque mobilizan á xente en contra, o goberno central do PSOE decreta a prohibición de construír barcos no estaleiro de Perlío. Á dereita faltáballe o descaro co que a conseguiría dotar Aznar, os comunistas viñan de sufrir unha excisión mentres que o PSOE tiña que capear o temporal da reconversión.
O Bloque tivo a intelixencia de liderar a oposición do Concello en contra da reconversión, se a esto lle engadimos a xestión de infraestructuras e servicios, a política cultural e educativa como dinamizadora da sociedade civil, a cooperación co movemento asociativo e a personalidade do alcalde Rivera Arnoso comprenderemos porque se mantivo case tres décadas no poder. Este éxito confunde aos do Bloque e cando a sociedade cambia non fan a lectura axeitada , instalados en certa rutina orientan as políticas en tres direccións: reivindicar que a factoría de ASTANO constrúa barcos ( o fracaso é obvio) , revitalizar un tecido asociativo esmorecente ( o éxito non acompaña) e a boa xestión; ate o punto de que unha das ideas forza do Bloque nas pasadas eleccións foi que o seu candidato era xestor
O PSOE coa victoria pírrica da reconversión industrial, a costa da perda de ideoloxía dos cidadáns, facilita o camiño á dereita. Pese a todo, debido a habilidade de Jorge Yáñez e o cansazo do Bloque, empeza o transvase de votos BNG ao PSOE, nos comicios do 2007 consegue a alcaldía que Iván Puentes non foi quen de manter
A victoria electoral da dereita en unha consecuencia da victoria ideolóxica, non é algo conxuntural, ven para se quedar. Se os partidos de esquerda queren alcanzar o poder teñen que se aplicar, sen demora, á tarefa de facer oposición rigorosa no Concello unida ao traballo de axitación social dos seus cadros e militancia na rúa, propiciando a reflexión colectiva encol do que a dereita fai onde goberna. Os veciños debemos ser conscientes de que a dereita que goberna o Concello pertence ao mesmo partido que empobrece aos pobres e que limita os servicios e a esquerda débenos dotar de instrumentos para este debate . Sexa quen sexa Gumersindo Galego, aplicará políticas de dereitas, polo tanto de recortes de servicios. Sexan que sexan os concelleiros do PP apoiarán políticas que en nada beneficiarán aos traballadores aos parados e aos pensionistas, algúns destes concelleiros incluso se creen que teñen dereitos especiais aparcando o onde lles peta que para eso son concelleiros. A dereita é así e nada nos faría sentir mellor que ver que no Concello hai unha oposición real ao PP
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
