Cando íamos escribir sobre a dereita política no goberno de Fene, o ex alcalde máis novo de Fene, e portavoz do PSOE no Concello, séntese inxustamente atacado polo BNG. A estes do Bloque acordóuselles dicir que nos plenos, cremos que por unha cuestión de estética e de respecto á propia institución municipal, os concelleiros non deberían usar tabletas ou móbiles de cote. E manda truco na Habana! Como se encabuxou Iván Puentes! A xulgar polo que escribiu no twitter acusa aos do Bloque de censuradores e de atentar contra a liberdade de expresión. Basta ler este tweet “O BNG de Fene solicita que o Alcalde me prohiba twittear os plenos, se non ameazan con abandoar as sesións . Iso chamáse censura, non? e medo”, ou este outro “La solicitud del BNG de prohibición se extiende, quieren que se me prohiba tb el portátil. Llevaré los asuntos en tablillas cuneiformes...”, non esaxeramos.
Cada quen pode pensar que Iván Puentes se comporta como o neno cheo de meiró, ao que no patio do colexio lle quitan a pelota, ou polo contrario que ten razón. Nos empezamos dubidando, encabuxado ou non tería razón o ex alcalde? Saímos de dúbidas analizando o que Iván e os seus incondicionais escriben no twitter , a parroquia fiel está á altura, non defrauda. Entenderase que non reproduzamos o que pensan porque alguén podería pensar que estamos contribuíndo a propagar o “hooliganismo” na Rede. Como o sr Puentes sabe a escritura cuneiforme dos sumerios servía para transmitir ideas, non hai máis de cincuenta anos nas escolas do País usábanse pizarras e pizarriños, e con eso aqueles nenos transmitían ideas. Queremos supor, pola importancia que lle dá o sr Iván Puentes ao medio, que está convencido de que “ a mensaxe é o medio” e que a transparencia aumenta co aumento do uso das redes sociais. Humildemente discrepamos de esa idea, os medios son importantes para comunicar ideas, pero cando non hai ideas comunican ruído. Un consello, se nolo permite, ao Bloque de Fene: é loable a idea de que as institucións, que representan a cidadáns, merecen un respecto e a propia estética das reunións dos plenos contribúen ese respecto, agora ben, nas eleccións pasadas os cidadáns falaron e o problema foi que a dirección do PSOE de Fene non soubo ou non quixo interpretar correctamente a mensaxe e Iván Puentes e os seus seguen na mesma liña, por eso pensamos que o BNG non debe perder un minuto en tratar de convencer a Iván do que a moitos cidadáns nos parece que é o correcto, coidamos que o esforzo seria mais rendible no traballo de oposición rigorosa ao goberno do PP, e nós tamén nos teremos que aplicar o conto. Deixemos ao neno que xogue!
3 comentarios:
Boísimo.
Xa postos a dar ideas, se alguén está interesado na transparecenia -nestes últimos catro anos semella que non- pois podería comezar por publicar na páxina web municipal tanto a orde do día como os resumes dos acordos da xunta de goberno.
O da orde do día e os acordos con transparencia e na páxina wen nin interesaban nin interesan polo que parece...isto é o que temos e ¿o merecemos?
Publicar un comentario en la entrada