Desde Almieiras ata Marraxón, quen soubera ver o voo de gaivotas e miñotos sabería adiviñar que o PSOE de Iván Puentes e de Noceda non ía gañar as eleccións municipais en Fene, incluso os que non sabíamos ler o voo de aves de mal agoiro estábamos de volta. Un ano antes das eleccións era un secreto a voces e, sen sermos o Oráculo de Delfos, ao ano de que o PSOE tivese a alcaldía alcumamos a Iván cariñosamente co sobre nome de “o breve”. No temos mérito ningún por acertar.
Iván Puentes empezou repetindo, por onde ía, que era o alcalde máis novo de Galicia e eso era certo, agora Galicia segue a ter outro que no é Iván como alcalde máis novo, desexamos de corazón que polo menos sexa o ex alcalde máis novo, de momento é o ex máis novo de Fene.
O problema de chegar a alcaldía non é tanto o traballo que hai por diante, que supoñemos difícil, como os males inherentes ao cargo: síndrome de Pigmalión e síndrome de Narciso. O primeiro é o máis perigoso, confundir a realidade imaxinada coa realidade real, Iván Puentes padeceuno en grao severo, confundiu a alcaldía co seu blog e o concello con Facebook, calquera que escoite os monólogos de Iván decatarase que o narcisismo tamén lle afectou, e non queremos ser mal pensados ao dubidarmos se ao mirarse no espello (como adoitaba facer a bruxa do conto) este lle dixera que Rivera Arnoso era máis importante ca el. Explicaría esto, en parte, que Iván levase a Rivera Arnoso diante dos tribunais?
Nas eleccións pasou o que pasou: O PP foi o partido máis votado con 6 concelleiros, o PSOE perdeu dous concelleiros pasando a 5 e o BNG mantense en 5, certo que con algúns votos menos ca o PSOE.
Temos un alcalde de dereitas porque con eses vimbios foi imposible tecer acordos para que o goberno municipal fora progresista, as feridas da experiencia de bipartito da lexislatura pasada non cicatrizaran e por enriba o Bloque, cando mira a lista do PSOE que ten que apoiar na investidura, sente que lle están metendo o dedo de Noceda nos ollos.
Humildemente cremos que o PSOE cometeu dous erros: o primeiro foi pensar que o Bloque estaba para darlle apoio sempre, si xa sabemos que hai acordos a nivel nacional que o Bloque non cumpriu, e o segundo non conseguir un alcalde progresista. Con franciscana humildade tamén dicimos que o BNG comete, ao noso entender, dous erros: o primeiro é considerar que os resultados das municipais foron malos ou non foron o suficientemente bos, o que posiblemente o levase a unha certa melancolía, cando a apreciación xeral é a contraria; o segundo erro foi non ser capaces de explicar porque non conseguiron que o alcalde fose progresista.
O resultado é que a alcaldía é do PP, que a mensaxe que se transmite para Galicia é que a esquerda non é capaz de poñerse de acordo e ademais o BNG e o PSOE ensaian un novo xeito de facer oposición ao PP: fanse oposición entre si.
Sen necesidade de ler o voo dos miñotos ou das gaivotas podemos saber o que pasará dentro de catro anos se a esquerda do Concello segue por este camiño: maioría absoluta para a dereita
8 comentarios:
El Boque de fene traicionó a sus propias bases y a la izquirda de este ayuntamiento
Tampoco es necesario mirar como vuelan las gaviotas para decir las memezes que dices, incluso una gaviota puede hacer un blog mejor
Coincido case ao 100% na análise. A discrepancia radica en que non contemplas unha variable: a contradición entre o xeito de facer do alcalde e o dalgúns dos membros do seu equipo. Se o alcalde non pon orde, ha ter problemas porque no seu equipo ten xente con tanto afán de protagonismo e de facer carreira política coma Iván. Para mostra, esta noticia en fencidadan, http://www.fenecidadan.net/actualidade/nova.php?id=2076&lg=gal O PP facendo o mesmo ca o PSOE, confundíndoo todo e convertendo a páxina web do Concello-institución na páxina web do PP. Ao PP conviríalle repasar as actas de pleno da anterior lexislatura cando criticaban ao PSOE por instrumentalizar a web do Concello ao seu servizo como partido
Grazas pola achega que fixo o segundo anónimo. Seguindo a súa indicación botamos unha ollada á web do Concello (ver web) e puidemos comprobar como os responsables políticos da Facenda Municipal (PP) fan uso partidista da mesma, confundindo a Institución Municipal co partido político que ten a responsabilidade do goberno. Totalmente de acordo
Con seguridade es un fillo de puta e a túa nai non é inocente para que ese feito se teña producido. Merdento con uniforme.
Vaya la guardia pretoriana de ivan entra en escena y como siempre en su misma linea:Con insultos,descalificaciones y ninguna aportacion productiva....FDO:un socialista de verdad.
E o uso partidista que fai o bloque da radio municipal eso ¿non e confundir tamen? e decir que esperan que o BNG se sume a os temas importantes e vitais para os veciños de Fene creo que non e partidista e si chamar a responsabilidade.
Cada día que pasa vexo máis claro, o PP e o PSOE entendense moi ben. En Fene e no Congreso.
O fin xustifica os medios.
Para os do BNG faisenos moi espeso "tragar" con semellante principio. Ter firmeza e conviccións é a antitese destes partidos. Logo de 32 anos de oposión o PP se abraza ao PSOE para facer o peor orzamento da historia do concello. Iván o breve, de portavoz do PP. So tendes que ler a acta do Pleno de aprobación dos orzamentos do 13 de agosto de 2011.(cando a colguen da WEB municipal)
Publicar un comentario en la entrada