Caro Iván:
Baltasar está ate os “güevos” despois de ler a misiva e os camelos montaron unha que non vexas , joder tío o teu non ten remedio, mira que xa cho dixen o ano pasado, mira que “sos medio boludo”. Seica pensabas que o barrigudo de Papá Noel che ía sacar as castañas do lume, pero ti mira que es medio chaqueta de la! Non ves que non dás unha no cravo….falar falas polos cóbados, pero home tamén tes que facer algo e non se trata de escorrentar aos que non che bailan a auga, como fixeches con Yañez, Sestayo e Modesta, entre os máis famosos e con Noceda,entre os menos famosos, deixándoo nin vivo nin morto. Pero machiño, ti que demostras no teu blog unha cultura enciclopédica os meses pares e unha ignorancia enciclopédica os impares, debes saber que os teus compañeiros de partido tamén pensan. Aviado estaba PSOE, entón non habería partido, arre demo! A ver, xa sei que non queres perder a alcaldía, pero dime: que fixeches para que puideras ser alcalde outros catro anos? Temémonos que a resposta é que nin fixeches nin desfixeches. Lembras aquelo de “Sumando ideas”?, ti estiveches neso pero multiplicábalas por cero, ate a web que creastes se multiplicou por cero.Os restos,desas grandes ideas, a prezo de saldo, pódense mirar no Facebook ou no blog de Lage. Todo moi rebaixado. Como diría Rosendo Mercado “que animal”, (regalamosche a descarga da canción “Hasta de perfil” ) Pasácheste de voltas louvando a Mar Barcón Que vergoña! Como lle facías a pelota! Apoiaches ao teu amigo Lage fronte a Moreda e pasou o que pasou, por certo sabes que Moreda preside a Deputación e o Plan de Obras e Servizos está bloqueado en Fene. No Concello o que mellor funciona son os funcionarios pese a baixarlles o soldo. Beirarrúas rotas, contedores inservibles e buratos. O amaño da estrada dos institutos vai para catro anos e non se rematou. Onde van os trinta compromisos con Fene? seguramente que soterrados coma o parque debaixo da autoestrada. Estráñache que haxa algúns militantes que se deran de baixa? Estráñache que eses militantes estean tentando montar unha candidatura independente? E se xuntan as firmas necesarias e o conto vai para diante? Xa sei que tratas de resucitar a Noceda, a ver se o consegues. Non hai regalo! O único unha puta buxaina ( en políglota, como a ti che gusta: "puta peonza") para que te quedes embobado bailándoa se é que sabes
Rei Melchor de Oriente

4 comentarios:
As obras vainas facer dous meses antes das eleccións ¿Apostades algo?
Temos que esperar de este blog que ate as eleccións se dedique a insultar a Iván, o ignorante tódolos días( pares e impares) é o que escribíu a entrada. Hai libertade de expresión, e eso está ben, pero ti pasácheste catro pueblos
Tienes toda la razón Sandra, hay ignorates que lo son todos los días de todos los años, incluídos los bisiestos, como muchos de los que escriben en este blog, o en Foxas o FENEstrados. Dede que Ivan Puentes y el PSOE gobiernan en Fene hubo cambios que mejoraron la vida de la gente en Fene, y el pueblo se lo va a reconocer
si,se lo va a reconocer,al psoe de zp,le va a caer un buen palo en estas elecciones.
ineptos.
Publicar un comentario en la entrada