jueves, 23 de diciembre de 2010

Agardando a vez para lle dicir catro cousas


O 2011 vai ser o último ano triunfal do rapaz, sabémolo polo voar das gaivotas. Ai os idus de marzo! E que di a súa carta astral? Onde está o seu ascendente? Se cadra está nun planeta que mudou a satélite. Os deuses van morrendo. Do líder de Fene so agardamos as bagoas, e no medio desta crise ninguén vai sentir os seus choros, ¿ninguén? bo alguén si. Nós si imos sentir as bagoas do Ivanciño, témoslle aprecio aínda que agora xa non sabemos se é socialdemócrata ou social liberal ou da triple A. Desde o 27 de xuño ata o 16 de decembro o neno estivo cavilando e chegou á conclusión que as folgas que poidan facer os sindicatos nos distintos estados non serven. Segundo o Ivanciño-analista-político os sindicatos deben superar as realidades nacionais e convocar unha folga xeral a nivel europeo. O tal Iván, coma un xogador de mus tolo,  lanzando órdagos á grande, vaites vaites.. ou este rapaz é de outro planeta, quizás do planeta do Principiño, ou ten febre e está peor do que pensabamos.....O que el non sabe é que hai moitos que están agardando vez para dicirlle catro cousas. !Feliz ano 2011 dentro do que cabe, Ivanciño!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Seica as enquisas non vos son favorables, e volvedes á carga

Anónimo dijo...

Continuarás co blog agora que veñen as municipais?

Ánimo e saúde!

Un españolito dijo...

Manda nabo, estamos de novo na movida. Agora resulta que o importante son as elecciós....e que pasou coas promesas de Ivan, as de Polo, as de Sindo.....
Todo isto é unha merda

López dijo...

A día de hoxe as encuestas danlle a Iván puentes uns resultados próximos á maioría absoluta ¿Verdade que eso jode?

Anónimo dijo...

O que me fai gracia do rapaz é que fala dos traballadores en terceira persoa, do goberno español en terceira persoa e dos axentes desestabilizadores en terceira persoa. Asímesmo, non di o que hai que facer, di o que non hai que facer, e atopa que a situación é consecuencia das presións neoliberais. Iso está moi ben, porque cómpre andar pola vida sendo alcalde socialista, cargo de partido socialista, apoiar un goberno do teu partido de seudo-centro nas súas decisións, que son culpa da dereita e non vontade propia, e dicirlle aos sindicatos que as folgas estatais non valen de nada, para a continuación nunca falar de política en termos puros para pór, se cómpre, en cuestión o sistema económico/político que fai que teñas que ter un blog co teu nome (por narcisismo patolóxico) no que nunca te molles con radicalismos nin autocríticas. É moi semellante ao quintanismo, o discurso sen contidos de todos os profesionais da clase política extinguiro aos zoon politikon.