martes 28 de abril de 2009

O romance do alcalde: cantar de cego



A xeito de cego veño
dos montes de Marraxón
a cantar o que xa cantan
deste alcalde de salón.


O máis novo de Galiza
e tamén de Ferrolterra
que contou moitas batallas
sen gañar nin unha guerra.

Era o mozo de Perlío,
un rapaz que prometía,
que se meteu no PSOE
e rematou na alcaldía.

Antes de chegar ao cargo,
para ser o rei da festa,
sen moita contemplación
escorrentou a Modesta.

De entre tódalas liortas
a maior foi con Sestayo
que terminou como acaba
a neve no mes de maio.

Gobernando no concello
poñen lle pleito a Rivera
entre el e a Secretaria
con unha carraxe severa.

Este rapaz ten ideas
e algunhas teñen “guasa”:
preguntade os de Sillobre
por ese parque de Audasa

Por enriba pasan coches,
porque é unha autoestrada,
e debaixo haberá un parque:
esto si que é foliada

No congreso do PSOE
non saíu moi ben parado
e os que ben o coñecen
din que anda cabreado

Non entrou na “ejecutiva”,
seica lles dixo el que non
pero a verdade do conto
é que vai sen ton nin son

Din que hai bagoas nas esquinas
polo chorar do Ivanciño
por perder o que perdeu
o gran Boabdil “el niño”

e aquí se acaba a historia
dun alcalde adulador
que xogou a ser de esquerdas
con artes de “trepador”



Este cantar de cego foi recollido no Monte de Marraxón, despois do congreso do PSOE no que o alcalde Iván non quixo continuar na ejecutiva, para entregarse en corpo e alma a alcaldía. Descoñecemos a música, cada quen que o cante como lle pete. Nós dedicámosllo ao alcalde para que o esforzo que fai por o benestar das veciñas e veciños de Fene lle sexa levadeiro

miércoles 22 de abril de 2009

O cumpre anos do tal Iván: felicidades

Son o máis novo de Galicia. Algúns din que o menos eficaz. ¡Qué ousados! Son gañas de amolar. Non dirían o que din se souberan o que eu levo feito por Fene. Traballo arreo na loita para frear a especulación do ladrillo: tramitar a licencia para un galiñeiro tárdase de catro meses a un ano. Son o Obama fenés e non se diga máis ¡Pensade que pasaría neste concello, e en plena crise, se non freamos a especulación! ¡Sí, tamén cos galiñeiros ! Se non fora por min e pola Secretaria estaríamos mergullados na burbulla dos galiñeiros. E falando de crise: téñoa acurralada. Eu soliño imaxinei o proxecto de Audasa Park. Ninguén me daba creto pero o proxecto está aí. Non vai haber quen pare a construcción do primeiro parque de Galiza debaixo dun viaducto da autoestrada. ¿Perigos? ¿Pode caer un coche do viaducto? ¡Vaia, vaia! Non confundamos: eso é o que lle da emoción. Por enriba marqueilles un gol pola escuadra a Audasa e a Fomento e ceden os terreos de forma gratuíta e indefinidamente. En precario: di a oposición. Pois non, porque agora está o meu amigo Pepe Blanco no ministerio de Fomento. Os de Sillobre botan fume ¡Xa o sei! Cando pasen as horas de lecer debaixo do autoestrada, comprenderanme e saberán que os meus desvelos non foron en van. Son humilde e a pesar de ser o máis novo non me importa cumprir anos e incluso permitín que unha rondalla fenesa me felicitase, o día do meu “cumple” cando estaba facendo o balance do meu primeiro bienio triunfal como o alcalde máis novo de Galiza.
Un tal Iván

jueves 2 de abril de 2009

Vaia morro que ten o tal Iván


"Puentes reconoce que las licencias de obras menores tardan dos meses y las mayores cuatro aproximadamente" (La Voz de Galicia 31-3-2009).
V
., un veciño do concello de Fene, leva agardando por unha licencia para cambiar catro "uralitas" 12 meses. Como nós non somos mal intencionados, líbrenos Deus de pensar que o Ivanciño faltou a verdade, e queremos buscarlle unha explicación a discrepancia entre o publicado e o que sostén V., barallamos as seguintes hipóteses:

  1. La Voz non interpretou correctamente o que declarou o Ivanciño, pero esto é imposible: porque o rapaz estudiou publicidade e sabe como se ten que relacionar coa prensa
  2. V. minte, pero esto tampouco pode ser, porque V. é un militante do PSOE de Fene e que se saiba este militante non minte
  3. Cambiar "uralitas" non é unha obra menor, tampouco é unha obra maior. Conclusión cambiar "uralitas" É UNHA OBRA MAESTRA"
    ¿Canto tempo durará a paciencia dos veciños?