
O alcalde pode caer e nin Nonceda está seguro , de seguírense columpiando coa grúa pórtico de Astano, Izar ou Nadantia, ou como se lle chame. E eso non é o peor, o peor é non se poder levantar. O demo me leve se dou creto a entrevista do tal Iván ( alcalde de Fene) aparecida en El Correo o 23 de decembro de 2008, ás portas da Noite boa : "Astano demostró que no es bueno depender de una sola empresa, porque te caes en picado. Para que la gente se quede en Fene y no emigre, debemos diversificar." Xa temos a verba máxica: o abracadabra do alcalde é diversificar. Queremos lembrarlle que no ano 1983, cando Iván aínda non xogaba co barco pirata, entra en vigor un real decreto elaborado por un tal Carlos Solchaga, coidamos que Ministro de Industria e Reconversión do PSOE. O que supuxo a aplicación dese real decreto para Ferrolterra foi: a desaparición das empresas auxiliares e a perda de cerca de 5000 postos de traballo directos no estaleiro de Perlío. Mentres tanto o ministerio de industria do tal Solchaga incentiva, mediante subvencións, a diversificación a través da ZUR (Zona de Urxente Reindustrialización) e créanse: COINGASA, EUROINDE, GALLEGA DE CICLOS, INVERVALIA, PROALCE, PREFABRICADOS DE HORMIGÓN, SIVA (Fábrica de vidro), IMENOSA ¡Sobraban postos de traballo e ademais diversificábase ! ¡Pura maxia! ¡Deixaba quedar pequeniño ao mago Antón!Lembremos que os que peor saíron foron os de Puerto Real: vaia putada, con perdón, foron condenados a non se diversificar e tiveron que seguir facendo barcos. Iván agradecémosche a profunda reflexión que fas en esa entrevista durísima que tiveches que soportar e sobre todo a túa aposta decidida por seguir diversificando, seguro que tes unha proposta innovadora para utilizar as instalacións industriais que aínda están ociosas como pode ser o envasado de postas de sol desde a grúa pórtico. Non soamente es o alcalde máis novo de Galiza se non que es o mellor alcalde actual de Fene