Un alcalde medio astronauta

Por moito que buscamos e rebuscamos nas hemerotecas non atopamos , ate o momento, ningún dato que poida confirmar a existencia no mundo mundial de un alcalde medio astronauta, agás o ínclito Iván Puentes, o único alcalde medio astronauta do mundo, o máis novo de Galicia, que acaba de comezar o terceiro ano triunfal ao fronte da Alcaldía de Fene ¿En que baseamos a afirmación de que o tal Iván é medio astronauta? Vexamos que fai o alcalde cando no Concello aparece un problema: "Houston, we have a problem" pronuncia mentalmente as verbas máxicas, agardando a que alguén lle poña remedio, e pensa "Houston: they all have a problem" . Son (somos) os de Fene, they all, os que teñen (temos) un problema. É un medio astronauta que viaxa polo espacio-tempo a piñón fixo e enfundado no traxe da política-pizza, confeccionado a partir de masa levedada con aromas dos esquerdistas de pensamento feble e mozarella do saldo de ideas das xuventudes socialistas. Calquera que pasee pola Avenida dos Naturais de Fene pode comprobar como se está transformando nunha paisaxe luar cos seus fermosos baches: os repugnantes da NASA están a rabexar de envexa. O alcalde traballando arreo no espacio sideral e aínda hai que se atreve a criticalo ¡Canta ingratitude! ¡Fene, gracias a o tal Iván, é unha potencia espacial! Ser medio astronauta non é o mesmo ca ser a metade dun astronauta, como ser medio parvo non é o mesmo ca ser a metade dun parvo e pese a todo aínda hai desagradecidos que pensan: Ivan, you are the problem

4 comentarios:
Ainda eres mal pensado!
Todos eses baches son unha homenaxe aos 40 anos da chegada do home a lúa.
Fene é hoxe a lúa do mundo mundial.
PAJIN …….Y LOS REGALOS DEL "CASO GÜRTEL ".
Escuchaba esta mañana la intervención de Leire Pajín despotricando sobre el "caso Gürtel", y quisiera precisarle que el autor de esta opinión, censura radicalmente que los cargos políticos reciban dádivas, regalos, obsequios o aguinaldos; por tanto de probarse las imputaciones de los inculpados, a mí entender como escarmiento ejemplarizante, aparte de la pena procedente debiera inhabilitárseles a perpetuidad.
Ahora bien, vamos a precisas….
Un político que se precie, es un cargo público por decisión electoral de los ciudadanos y cuando alcanza sus credenciales, ha de asumir que ha contraído un compromiso de entrega y sacrificio en defensa del interés general, sin que tal noble dedicación tenga otra contrapartida que la justa y razonable remuneración, es decir un salario con las correspondientes dietes de obligada justificación.
Quiero decir con ello, que ha de operar de modo riguroso sin posibilitar a efecto alguno ser perceptor de ofrendas y entregas………y esto significa, nada de nada de nadie.
Amplio mi opinión, cuando ese cargo electo o nominal representativo como persona de confianza, cierra la puerta a los agasajos u obsequios pero abre su cartera a sobresueldos que escandalizan y que provienen directa o indirectamente del erario público, evidentemente no estamos ante un "caso Gürtel” esto es mucho más delicado, y debieran tomarse medidas a fin de frenar de un plumazo semejantes excesos.
Leire Pajín, “La niña del PSOE” de consolidar su cargo de senadora pasaría a percibir la friolera mensual de 22.000 €
Por lo visto, en este país a la crisis económica, se le suma la crisis de valores, en síntesis el PIB, no es ni masculino ni femenino, determinantemente es neutro y la Pajín “ la bien pagá” es una eficiente ejecutiva y yo debo ser el Obispo de Canterbury.
Que listiño é iván a hora de conseguir bicocas: a compañía coa que o concello ten contratado a telefonía vai facilitar móbiles de balde os concelleiros e e tamén conexión a internet (de balde tamén) e así parece ser que os concelleiros poden facer teletraballo. Felicidades. Esa compañía debe ser Telefonía sin fronteiras (ONG) para os concelleiros porque senón non se explica. Lede a noticia en Diario de Ferrol. Saúdos
Hoxe liberan ao alcalde de Fene, os vikingos de Río Castro van invadir Redes para liberar ao alcalde secuestrado polos vikingos de Redes desde fai un ano . Agora se explica porque hai desgoberno no Concello, secuestrado polas hordas vikingas o líder indiscutible nun puido desenvolver as súas funcións ¡Unha pena!
Publicar un comentario en la entrada