jueves 2 de julio de 2009

Soneto con estrambote, dedicado ao alcaldiño de Fene


O Ivanciño anda quentando a cadeira,
paseando a axenda dun lado pa outro,
el bótalle sempre as culpas ao outro
e está no despacho daquela maneira.

Se na beira rúa encontra un burato
con medio sorriso di quince palabras:
son algúns veciños, non gardan as cabras,
e máis os do Bloque que fan desacato

a estas alturas do primeiro terceto,
con moitos furados e o pacto rachado,
o grande Ivanciño coida que é perfecto.

¡Que risa veciños! xa chegou o cambio
atrasou dous anos por culpa do Bloque.
¡Fuxide buratos! En Fene hai recambio
-----------------------------------------------
eu son o alcalde, nunca me equivoco
sonvos moi listiño porque eu nada fago
e a culpa é do outro porque eu nada toco

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa volve a merda á rede ¿Que temos que facer para limpala?

Pintiga dijo...

Benvido de novo.
Botabamoste moito de menos.
Sempre cara adiante.
Saúde dende FENEstrados.

Anónimo dijo...

Os do bloque son demos!!!!!!!!!!!!!

Antónimo dijo...

Al anónimo primero, ese que habla de la mierda en la red, le conozco con precisión de datos; escapó de Fene Foxas por que se vio localizado.

Es un energumeno, nada joven por cierto

Antonio dijo...

Hai xente que ten que aprender a arte de discrepar. Un plan de adestramento diario, consistente en ler ou escoitar opinións opostas a súa ? ideoloxía, poderíalle ser de grande utilidade. De paso tamén aprendería a argumentar e ter ideas propias, o que non estaría de máis. Moito ánimo ao primeiro Anónimo, non para que siga polo camiño da descualificación escatolóxica, senón para que pense. E moitas grazas por participar, ¡ánimo home!

Alasbarrikadas dijo...

Sodes uns mal pensados sobre o primeiro anónimo.
Cando se refire que, textualmente, "volve a merda á rede", ao mellor se está referindo a outra páxina dun dirixente politico que, levaba inactivo dende antes das eleccións europeas, e de repente o 29 de xuño, 1 de xullo e 3 de xullo fixo catro comentarios.
E digo "ao mellor".