jueves 2 de abril de 2009

Vaia morro que ten o tal Iván


"Puentes reconoce que las licencias de obras menores tardan dos meses y las mayores cuatro aproximadamente" (La Voz de Galicia 31-3-2009).
V
., un veciño do concello de Fene, leva agardando por unha licencia para cambiar catro "uralitas" 12 meses. Como nós non somos mal intencionados, líbrenos Deus de pensar que o Ivanciño faltou a verdade, e queremos buscarlle unha explicación a discrepancia entre o publicado e o que sostén V., barallamos as seguintes hipóteses:

  1. La Voz non interpretou correctamente o que declarou o Ivanciño, pero esto é imposible: porque o rapaz estudiou publicidade e sabe como se ten que relacionar coa prensa
  2. V. minte, pero esto tampouco pode ser, porque V. é un militante do PSOE de Fene e que se saiba este militante non minte
  3. Cambiar "uralitas" non é unha obra menor, tampouco é unha obra maior. Conclusión cambiar "uralitas" É UNHA OBRA MAESTRA"
    ¿Canto tempo durará a paciencia dos veciños?

13 comentarios:

Tomás Corral Vilar dijo...

Quero informar a todos os comuneiros de Sillobre en particular, e veciños en xeral, que a subvencion solicitada a Medio Rural foi denegada.
A actuación comprendía un area recreativa de 1ha, con plantación de 200 frondosas, bancos, aparcamento, parque infantil, senda peonil, e miraror do alto de Coto do Rei (Marraxón).
O custo desta actuación era de 63.000 €.
Esta xunta directiva, está profundamente triste, decepcionada, impotente e indignada, acentuado pola inversión municipal de 500.000 € no axardinamento da parte baixa do viaducto de Vilanova, xa que con a oitava parte deste investimento, estaría esa obra feita este ano.
Eche o que hai, 500.000 € contra 63.000 €.
Asemade, nos garantiamos que estando no alto do miradoiro non lle ía caer a ninguén un coche enriba.
Seguiremo-lo intentando, grazas a todos.
Tomás Corral Vilar, é Presidente da Xunta de Montes Veciñais de Marraxón. (Sillobre)

Anónimo dijo...

Eu sigo esperando unha lexislatura onde se prohiba o eucalipto. Desta tampouco, a ver dentro de catro anos chegan personaxes máis sensibeis...

El Agrimensor dijo...

O que débese restrinxir son as arbores ananas que medran no interior do concello e especialmente o "ivanus trepadorum" e o "polous advenetum"

menuda plaga

Anónimo dijo...

Eu penso que e moito mais interesante o proyecto este; que tirar os cartos debaixo da autopista.Temola clara cos lacazas que nos gobernan.

Boimorto dijo...

Estou de garda, tiven que quedar por orde do Alcalde na Oficina Técnica ata que remate todalos informes sobre licencias pendentes, e dicir que ata o 2011 seguirei de garda pois os expedientes mais antigos de riba da mesa son do 2007 e despois ainda teñen que pasalo filtro da Secretaria.
Os viciños teñen que ter paciencia, ou pensan que as cousas fanse a carreiras, y se non están pola labor de agardar que se vain facer obras a outro concello.
Menos mal que o Alcalde non se deixar afectar polas criticas de estes deseperados, ..... xa me dixo, ou sexa que a Seguridade Social ten listas de espera de dous anos, e nos imos despachar as licecias de camiño.... e a verdade é que ten razón ao no tratarse de temas de saude os administrados terian de esperar alomenos catro anos pola resolucion e se non que a pediran antes.

A xente está muy mal afeita

Pintxinho dijo...

Quero, dende este blog, felicitar efusivamente á miña cuñada, e ao mesmo tempo, darlle o meu máis sinceiro pesame, por cumplirse este mes o primeiro aniversario de espera da licenza de obras.
Agardo que non esperes moito máis, pero cos ineptos-as, que moran na casa do concello, creo que ainda vas ter que seguir en espera.

xabi dijo...

pois un ano xa é motivo de festa, igual se falas co tal ivan vos fai a obra e inclue unha plaquiña, que dendelogo inaugurará baixo unha tempestade de flaxes do noso admirado primeiro ministro de foxas e arredores

Pintxinho dijo...

Tomamos as cousas de coña, pero a realidade é moi distinta. Só hai que ver no estado no que está a miña cuñada, tivo que ir ao psicologo por este tema, xa que por culpa da inoperancia destes municipes, sigue pagando o aluguer dunha vivenda, anda a voltas co tema da conta aforro-vivenda, pois xa lle caducou e ainda non empezou a obrar, xa non lle valen as condicións da hipoteca que tiña apalabrada, e para máis "inri" o constructor que lle vai face-la obra incrementoulle o gasto total da mesma en 5.000 € porque xa pasou un ano dende que o contrataron e a man de obra e os materiais subiron.
E o Entroido gobernando Fene placidamente.

xabi dijo...

home, a man de obra subiría o ipc, que este ano 2008 foi o 1,4%, eu creo que debe miralas cláusulas do contrato, e se non pon nada negociar.

a verdade é que é cousa seria

Pintxinho dijo...

Normalmente a validez dun presuposto dunha obra é de 6 meses.
Logo, todo depende da vontade dos intervintes para negociar.
Eu xa sei doutro caso dun, que por culpa deste tema, tivo que pagar 6.000 € máis, tamén depende do contía do gasto da obra, non é o mesmo facer unha vivenda de 100.000 € que de 300.000E.

xabi dijo...

está claro, pero o que tamén pode facer é darlle a obra a outra empresa, que tal e como anda a construcción de seguro a conseguirá máis barata
o problema que teñen nas construtoras é que non facturan, así que o problema hai que plantexalo doutra maneira:
"señor contrutor, se me quere facturara máis, non fago a obra con vostede, así que non terá ingresos, e polo tanto pode que non poda facer fronte aos gastos fixos que lle acarrea o seu negocio..."

Pintxinho dijo...

Si Xabi, pero ¿ti sabes a pila de constructores piratas, informales e chapuceros que hai?
Non é nada doado atopar un constructor decente, e cho digo por experiencia propia, e máis eu que coñezo uns cantos, si tivera que facer agora unha vivenda non sabería a quen coller.
Uns empezan cando lles cadra, acaban, si é que acaban e non van ao tacho, tarde mal e arrastro, outros che fan autenticas chapuzadas, en fin... un circo.

Anónimo dijo...

El nuevo Gobieno de la Xunta, habra de informar de modo preciso sobre la "legalidad" de las aceras de Conces. Las chapuzas del PSOE de en la Xunta y la equiescencia del concejal del urbanismo municipal de Fene no pueden quedar al margen de responsabilidades penales.

ESTO ES INTOLERABLE

Veamos igualmente en que aguas nada la Secretaria municipal en este mar de incongruencias, pues parece que su escala de medición jurídica no tiene consecuencia paramétrica.

Cual fue su informe jurídico sobre esta actuación ?


Venga ya con el rigor en la resolucion de procedimientos