martes 28 de abril de 2009

O romance do alcalde: cantar de cego



A xeito de cego veño
dos montes de Marraxón
a cantar o que xa cantan
deste alcalde de salón.


O máis novo de Galiza
e tamén de Ferrolterra
que contou moitas batallas
sen gañar nin unha guerra.

Era o mozo de Perlío,
un rapaz que prometía,
que se meteu no PSOE
e rematou na alcaldía.

Antes de chegar ao cargo,
para ser o rei da festa,
sen moita contemplación
escorrentou a Modesta.

De entre tódalas liortas
a maior foi con Sestayo
que terminou como acaba
a neve no mes de maio.

Gobernando no concello
poñen lle pleito a Rivera
entre el e a Secretaria
con unha carraxe severa.

Este rapaz ten ideas
e algunhas teñen “guasa”:
preguntade os de Sillobre
por ese parque de Audasa

Por enriba pasan coches,
porque é unha autoestrada,
e debaixo haberá un parque:
esto si que é foliada

No congreso do PSOE
non saíu moi ben parado
e os que ben o coñecen
din que anda cabreado

Non entrou na “ejecutiva”,
seica lles dixo el que non
pero a verdade do conto
é que vai sen ton nin son

Din que hai bagoas nas esquinas
polo chorar do Ivanciño
por perder o que perdeu
o gran Boabdil “el niño”

e aquí se acaba a historia
dun alcalde adulador
que xogou a ser de esquerdas
con artes de “trepador”



Este cantar de cego foi recollido no Monte de Marraxón, despois do congreso do PSOE no que o alcalde Iván non quixo continuar na ejecutiva, para entregarse en corpo e alma a alcaldía. Descoñecemos a música, cada quen que o cante como lle pete. Nós dedicámosllo ao alcalde para que o esforzo que fai por o benestar das veciñas e veciños de Fene lle sexa levadeiro

7 comentarios:

Anónimo dijo...

para os autores ou autoras destes ripios o alcalde non ten mérito ningún, é máis según vós é un trepador. ¡pero non vos dades conta que se vos ve o plumeiro! O que pasa é que a algúns sentoulles mal perder as eleccións e en dous anos non fostes capaces de o asumir. O alcalde está de alcalde polos votos, e se estivo na executiva do partido sería polo seu mérito e se agora non está será porque pensou que podía facer unha mellor labor adicando máis tempo a resolver oe problemas do concello, que son os problemas dos veciños. Pero hai quen dispón de moito tempo libre para botar merda por enriba do alcalde e non ten máis obxectivo ca ese, sin lle importarlle o traballo que iván está facendo.

MOI BIEN dijo...

Ave María Purísima, pero este home houbo de inxerir sobredose; este non anda ben da formalidade.

Pero ti de quen falas?

Esa si que é paixón cega, oes, non esquezas poñer a noite os zapatos na porta pois se ese que ti dis e un alcalde os reises magos tamén existen.

Carlo Rialto dijo...

REPÓRTER TRIBULETE
que en todas partes métese

O Alcalde de Fene, logo da súa separación da executiva do PSdeG- PSOE non se envorca en entregarse por completo á alcaldía como él argumentaba para xustificar o seu desembarco, agora resulta que a súa dedicación segue por idénticos fueros, pois intentando emular a Arturo Pérez-Revert, abriu unha nova fronte de actividade como articulista de prensa; pero non pensen Vostedes que a temática a tratar atende a aspectos distintos que os de carácter político.

A xulgar polo contido dos seus artigos de opinión , albíscase que o seu non é a alcaldía pois lle atrae en maior medida destinar o seu tempo para censurar a través da prensa as políticas que outros imparten sen caer na conta que paradoxalmente non é a persoa indicada para criticar á función dos contrincantes noutras esferas, pois lamentable o funcionamento do goberno que o preside en Fene é algo que aconsella prudencia, e ademais este señor xoga con vantaxe ao desiquilibrar a réplica, pois non haberá de esquecerse que a súa nefasta función política á fronte do consistorio non se pode resumir cun articulo iso precisa unha enciclopedia por fascículos.

Pero vexan a que dedica o tempo o noso alcalde no canto de poñer mans a solucionar o caos reinante no Concello

ARTIGO

AUTOR
Iván
Puentes
Alcalde de Fene
Crémonos a Lei de Igualdade?
Estamos demasiado acostumados a que a dereita, é dicir o PP, adorne o seu discurso dun fundamentalismo ultraconstitucional cando a legalidade vixente comunga cos seus principios e a que, pola contra, se disfracen de insubmisos cando a maioría democrática aproba leis que non lles gustan. Fixérono con educación para a cidadanía, coa lei dos matrimonios homosexuais, coa lei antitabaco... e agora toca a Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia.
Sabemos que non lles gusta nada o tema este da igualdade, porque desbarata a milenaria organización social desigual e inxusta na que cren fondamente e moito menos lles gusta o da discriminación positiva a favor das mulleres. Sexa como sexa, o que é intolerábel é que un presidente da Xunta de Galicia non cumpra cunha lei aprobada polo Parlamento á hora de formar o seu goberno.
O PSdeG-PSOE, como redactor e impulsor da Lei, e mais o BNG, como membro do goberno que a aprobou, non poden limitarse a denunciar os feitos publicamente, teñen que chegar até as últimas consecuencias e impugnar ante os tribunais o novo Goberno de Galicia. Teñen que facelo, simplemente, porque estamos a falar de defender un dereito fundamental da metade da poboación deste país, o dereito á non discriminación por razón de sexo.
Se dende as institucións non acatamos a lexislación en materia de igualdade, con que autoridade moral e legal lles imos esixir ás empresas e aos organismos privados que a respecten? Tardamos séculos en poder falar libremente da discriminación feminina, un século máis en adoptar as primeiras medidas legais para corrixila e o tema é suficientemente serio como para que se lle permita tomalo á lixeira ao primeiro que lanza un desafío. Trátase de facer algo ou mirar para outro lado e, unha vez máis, a esquerda non pode ser igual á dereita, tócalle de novo defender os dereitos dos e das cidadáns e cidadás de Galicia.
UNHA RESPOSTA
Hai décadas e décadas que as mulleres teñen absoluta igualdade de oportunidades e perante a lei,a mesma premisa de que hai algún tipo de discriminación contra elas é ridícula.Ten narices que a día de hoxe saquen leis para discriminarnos aos homes e para dicirnos que hai postos que non podemos ocupar porque están reservados para mulleres.Iso chámase apartheid.Se lle dixéramos a este personaxe que deixe o cargo porque o 50% das alcaldías teñen que estar ocupadas con mulleres se cadra cambiaba de opinión.Pois ben,as alcaldías non son distintas das consellerías.Un vota ou elixe a quen lle pete,sen reparar na sua raza,sexo,relixón,etc.En Cuba ou en Corea do Norte os teus poderán poñer a dedo a quen lle pete,aquí ten que ser o pobo e sen privilexios nin discriminacións-
En resumo este raparigo non ten remedio a súa ansia de protagonismo é un mal crónico e irreversible que leva dentro, polo tanto, preventivamente e para polo menos diminuírlle a dor, élle recomendable lle faciliteis, unha galeria, un espello, unha camara, un periódico e todo aquilo co que poida satisfacer o seu ego ...... e os problemas municipais que os confunda o diaño

Deus meu por que nos abandonaches...e no canto disto non nos enviaches unha peste doutro tipo !

O FUNCIONARIO dijo...

SE, é INDECENTE

................ o que considero indecente.
Indecente, é que o salario mínimo dun traballador sexa de 624 €/mes e o dun deputado 3.996 podendo chegar con dietas e outras prebendas a 6.500 €/mes;

Indecente, é que un catedrático de universidade ou un cirurxián da sanidade pública gañen menos que o concelleiro de festexos dun concello de terceira;

Indecente é que os políticos se suban as súas retribucións na porcentaxe que lles apeteza, (sempre por unanimidade, por suposto e ao comezo da lexislatura);

Indecente é comparar a xubilación dun deputado e o dunha viúva;

Indecente, é que un cidadán teña que cotizar 35 anos para percibir unha xubilación e aos deputados bástelles con sete e os membros do goberno para cobrar a pensión máxima só necesiten xurar o cargo;

Indecente é que os deputados sexan os únicos traballadores (?) deste país que están exentos de tributar un terzo do seu soldo do IRPF;

Indecente é colocar na administración miles de asesores, amigotes con soldos que xa desexarían os técnicos máis cualificados;

Indecente é o millonario gasto en mediocres TV autonómicas creadas ao servizo da pervivencia no trono de políticos máis mediocres;

Indecente é o inxente diñeiro destinado a soster os partidos aprobado polos mesmos políticos que viven deles;

Indecente é que a un político non se lle esixa superar unha mínima proba de capacidade para exercer o seu cargo (e non digamos intelectual ou cultural);


Indecente é o custo que representan aos cidadáns as súas comidas, coches oficiais, choferes, viaxes sempre en gran clase e cartóns de crédito por todas as partes;

Indecente é que as súas señorías teñan seis meses de vacacións ao ano;

Indecente é que as súas señorías cando cesan no cargo teñan un colchón do 80% do soldo durante 18 meses;

Indecente é que ex ministros, ex secretarios de estado e altos cargos da política cando cesan son os únicos cidadáns deste país que poden legalmente percibir dous salarios do erario público;

Indecente é que se utilice aos medios de comunicación para transmitir á sociedade que os funcionarios só representan un custo para o peto dos cidadáns;

Indecente é que nos oculten os seus privilexios mentres volven á sociedade contra quen de verdade lles serven;Mentres falan de política social e dereitos sociais ? que indecente.

ego dijo...

DA PLANTA DE REGANOSA Ás BEIRARRÚAS DE CONCES

Dicía o soado poeta asturiano Ramón de Campoamor e Campoosorio ; neste mundo traidor, nada é verdade, nin mentira, todo é segundo a cor do cristal con que se mira. Pois ben, parece que ao macro concelleiro de Urbanismo e Facenda do Concello de Fene vaille a frase como anel ao dedo.


Resulta que tomou a decisión de ser a besta negra da Planta de Mugardos e para iso non regateo esforzos nin tempos para intentar a súa paralización, utilizando canto resorte tiña ao seu alcance, é dicir o control e fiscalización exhaustivo (adecuación a procedemento , axuste a marco legal, ademais de manifestacións, caceroladas, encerros etc....) , e abofé que tal comportamento non merece maior censura pois en se mesmo é un dereito que lle asiste.

Pero ese mesmo dereito tamén lle asiste aos promotores da Planta de Gas para poñer en mans dos tribunais a este inconsecuente, pois visto o que autorizou en Fene coas beirarrúas de Conces, perdeu toda razón para cuestionar o actuado por terceiros; non é procedente que quen demanda a aplicación do rigor administrativo para os demais, non llo aplique a se mesmo, máxime cando o seu cometido como concelleiro é velar polo acatamento á disciplina urbanística.

En Fene consumouse unha ilegalidad, este señor é responsable e debe proceder en consecuencia presentado a obrigada dimisión.


Considere que para ter unha nítida visión hai que evitar a utilización de obxectos deformantes........ estas cousas míranse sen cristal

Alicia dijo...

Fene: O BNG EN CAIDA LIBRE

O BNG de Fene,sofre o “síndrome da desubicación” caracterizado por un desdoblamento de identidade que produce desencontros no seu comportamento, e trae como resultado que unha veces aparezan en escena como membros do grupo de goberno e noutras ocasións fágano representando o papel de oposición.


Este xogo absurdo é un grave problema de moralidad desdoblada, un reflexo de manifesta incongruencia que en se mesmo denota un infantilismo dirixente dos membros que conforman a cúpula desta organización neste Concello, pois esquecen que no exercicio político a regularidad é clave de solvencia e o electorado sabe desvelar perfectamente a mentira por mais que lla disfrace de verdade figurada.


Semella que a torpeza instalouse no interior desta organización, e por iso ,vense incapaces de recoñecer a súa devaluada traxectoria e asumir a equivocación no establecemento da alianza de goberno co PSOE, que de non poñer urxente remedio levaraos mais pronto que tarde a converterse nunha formación testimonial exenta de respaldo social algún.


Vexamos; por mais que tenten botar balóns fora, vostedes xogan no mesmo campo e visten idéntica camiseta que os seus socios de goberno, e xa que logo, son responsabeis a partes iguais dos escasos éxitos e dos abundantes fracasos do goberno do municipio; das escandalosas demoras na resolución dos procedementos administrativos, do fracaso na revisión de planeamento, da inexistencia de orzamentos municipais, da máis que ilegal actuación urbanizadora de Conces como tamén das desacertadas decisións na selección de investimentos municipais, é dicir, Vostedes son responsables directos da comisión de irregularidades e da situación de desgobierno que padece o noso concello.


Non hai mais volta de folla, o BNG participa co seu puño e letra en redactar o capítulo máis nefasto da historia do noso municipio, por máis adendas testimoniais que inserte sobre o futuro de Astano.


O día despois das eleccións entenderán o que hoxe negan, pero eu sei por adiantado
que elle lo memo, pois en vostedes poden máis os cartos que a consecuencia

Un saúdo para todos/as

Anónimo dijo...

que contou moitas batallas
sen gañar nin unha guerra.

pois ten merito gañar a candidatura a alcalde, despois gañar as eleccións municipais, despois as xerais despois as autonómicas e despois as europeas....

O día que gañe unha guerra será cando gañe a primitiva??? se el non gaña os que quedan de segundos ou de terceiros que lles pasa?