O cumpre anos do tal Iván: felicidades
Son o máis novo de Galicia. Algúns din que o menos eficaz. ¡Qué ousados! Son gañas de amolar. Non dirían o que din se souberan o que eu levo feito por Fene. Traballo arreo na loita para frear a especulación do ladrillo: tramitar a licencia para un galiñeiro tárdase de catro meses a un ano. Son o Obama fenés e non se diga máis ¡Pensade que pasaría neste concello, e en plena crise, se non freamos a especulación! ¡Sí, tamén cos galiñeiros ! Se non fora por min e pola Secretaria estaríamos mergullados na burbulla dos galiñeiros. E falando de crise: téñoa acurralada. Eu soliño imaxinei o proxecto de Audasa Park. Ninguén me daba creto pero o proxecto está aí. Non vai haber quen pare a construcción do primeiro parque de Galiza debaixo dun viaducto da autoestrada. ¿Perigos? ¿Pode caer un coche do viaducto? ¡Vaia, vaia! Non confundamos: eso é o que lle da emoción. Por enriba marqueilles un gol pola escuadra a Audasa e a Fomento e ceden os terreos de forma gratuíta e indefinidamente. En precario: di a oposición. Pois non, porque agora está o meu amigo Pepe Blanco no ministerio de Fomento. Os de Sillobre botan fume ¡Xa o sei! Cando pasen as horas de lecer debaixo do autoestrada, comprenderanme e saberán que os meus desvelos non foron en van. Son humilde e a pesar de ser o máis novo non me importa cumprir anos e incluso permitín que unha rondalla fenesa me felicitase, o día do meu “cumple” cando estaba facendo o balance do meu primeiro bienio triunfal como o alcalde máis novo de Galiza.
Un tal Iván

5 comentarios:
A estes lacazas de politicos que temos en Fene, cando se plantexaron de facer o parque debaixo da autopista, como non pensaron en facelo ainda mais grande e aproveitar os terreos debaixo da linea de alta de Fenosa.
E vergoñento o que queren facer ai,Como somos un concello rico e xa temos de todo imos tirar os cartos nun parque en terreo privado.E mais o mantenimiento que tera.
¿E que pensan facer coa parte baixa da autoestrada en Barallobre, ao lado dos Hexagonos?
¿Para ali non hai parque, non teñen os mesmos dereitos?
O que hai ali é un parque tematico sobre a selva, a Natureza en estado puro, toxos, silvas, porcos bravos, ratas, cascallos...
Ali, as leis sobre ter os terreos limpos, a lei anti-lumes da Xunta e demais se pasan polo forro dos collóns de Audasa, e o Alcalde, como debe ser amiguiño deles fai mutis por el foro.
PENOSO!!
Atribuéselle a Alfonso Guerra “o que se move non sae na foto” e, polo visto, semella que Iván “se pasou de movementos” e lle aplicaron a receita. Tanto que nesta ocasión nin se lle ve nas fotos oficiais do Congreso, nas que si aparece, ¡e por partida dobre!, Nonceda.
Por máis que o gabinete de prensa da alcaldía intente maquillar a saída de Iván da executiva do PSdG-PSOE (“Al parecer, el nuevo secretario general habría pedido al regidor fenés -que con Touriño se ocupó de la Secretaría de Deporte e Lecer- que continuase en la dirección del PSOE gallego, una posibilidad que éste rechazó para centrarse en su tarea como alcalde, a dos años vista de las próximas municipales. En cualquier caso, fuentes socialistas destacaron que Ignacio Filgueiras -que desempeñará el puesto de vocal- es una persona de la máxima confianza de Iván Puentes y expresaron la satisfacción del responsable comarcal de los socialistas por que se haya dado entrada al secretario general eumés en la Ejecutiva”), o conto éche outro. A súa saída da executiva está ligada ao seu nulo labor á fronte da área de “Deporte e Lecer (¡nin unha liña no programa electoral!), ao castigo aos promotores do manifesto “Sumando ideas” que destaca “EL País” (Lage tamén sae da executiva e Loli ten os días contados ao ter que cesar como secretaria xeral das Xuventudes) e á crecente perda de apoios na comarca de Ferrolterra na que, en paralelo á consolidación do grupo liderado por Beatriz Sestayo, medra o dos que están ata os mesmísimos das ansias de medrar do alcalde máis novo de Galicia.
Queda por ver se é intelixente, aprende a lección e decide centrarse en tentar endereitar o rumbo do Concello para ver de consolidar a alcaldía e dende esa posición volver coller peso no partido ou se sigue nas mesmas e comenza a facerlle as beiras aos gañadores do congreso.
Concordo ao 100% co comentario do anónimo anterior. Xa sabemos que Iván é ambicioso pero fanlle falta máis cualidades para estar en política: aínda ten que demostrar que é intelixente e sabe exercer de alcalde do seu pobo. Se non terá que probar sorte noutros oficios para os que se precise menos intelixencia
Q mala leche vos gastades.Iváncinho é um líder mundial q está por riba de Pachi Vazquez e decidiu marchar da ejecutiva (que nom executiva)porque vai de sobrado.Mal pensados.
Os feneses somos mala xente, e debiamos ir todos a porta do concelho a agradecerlhe o esforzo que fai,pensando máis em nós que no seu futuro.
Ai Ivancinho,mira que agora que acabas d cumprir os 29 anos e com esta crise está compricado encontrar trabalho e sobre todo cando a túa idade so trabalhaches gracias ao dedo (o índice máis em concreto).Deixate de andar a pensar em facer carreira na política e pensa no profesional a política uns días estas arriba e outro abaixo.
Dizer que me alegro muito q a Ivan,Lage e a Loli lhes deram a patada no cú.Sobre todo a Loli que se adicaba a dar leccións de política,trabalhade um pouquinho e conhecede o mundo antes de andar a dizer que sodes d esquerdas q nos despachos queda moi bonito mas os que estamos na rúa e vivimos o día a día sabemos o duro q é
Publicar un comentario en la entrada