Un BNG con cafeina
_ ¡Por favor! Un café con leite desnatado, moi corto de café...que sexa café, pero que pareza descafeinado, con sacarina e sen espuma
_¿Como dixeches?
_ Si home.Un café con centralidade: case non ten leite, case non ten café, case é descafeinado e ten sabor doce sen pisca de azucre.
_Eso nin é café nin rabo de gaita.
_ ¡Que va! É un café que acadará o poder en catro anos, porque non lle sentará mal a ninguén!
_ ¡Seguro! E tampouco será bo para ninguén
O BNG fai ben en analizar en profundidade os resultados electorais, fai ben se cadra en modificar estratexias, pero o obxectivo principal non pensamos que sexa recuperar o poder na Xunta. O obxectivo principal é dar resposta política , tanto desde o poder coma desde a oposición, e desde unha perspectiva nacionalista e de esquerdas, aos moitos e graves problemas que a maioría dos galegos e galegas teremos que afrontar. Estes días hai moito ruído, pero o ruído non lle debe impedir ao BNG interpretar os sinais que distintos sectores sociais están lanzando. Os partidos serven aos intereses da sociedade, certo, pero funcionan como intelectuais colectivos –Gramsci dixit- sendo esta función, de intelectual colectivo, fundamental para crear movementos dirixidos a conseguir políticas de cambio e transformación social
¿BNG descafeinado? ..¡Non, grazas!

3 comentarios:
O BNG como dixo Beiras días despois do proceso electoral o primeiro que tem que facer é pedir perdóm a sociedade galega por darlhe as costas dende fai um tempo.
É moi triste ir as manifestaçóns onde se defende o país e ver como se a organizaçóm a que máis se critica e ao BNG,e eso é porque a xente agardaba algo do bloco porque o ppsoe e o pp defendem o mesmo.
Quem nom conhece a muita xente de esquerdas e nacionalista que está vez prefiriu ir votar em blanco ou quedar na casa porque se sentiu doido pola xestióm que realizou o bloco,e sobre todo co papel de Anxo Quintana,porque do ppsoe nom agardabam nada.
Cantas veces escoitei,a xente do meu entorno,e dixem que ia votar polo bloco mas coa pinza no nariz porque eu polo menos nom me sentía identificado co que esta facendo o bloco.
Agardemos que asembleia sirva para recuperar o espirito do que significou o bloco.Porque eu nom tenho medo a dizer que prefiro um bloco com 10 deputados que defenda o país a umha organizaçóm que a mínima ocasom fai as mesmas políticas que os espanholistas.
No bloco actual importa máis a que corrente pertences que o projecto que defendes,e eso nom pode ser así.Temos o milhor ejemplo na nossa bisbarra onde por pouco pasouse a ser a cuarta forza.
Mas algo empezou mal o primeiro que se fai e convocar umha asembleia por delegados,cando debería ser aberta.
O BNG non ten remedio nin con Beiras nin sen Beiras, no hai máis ca ver o que aparece por aí no distintos foros discutindo e pelexando todos contra todos, simpatizantes, votatantes, irmandiños, upegaios, non adscritos. Unha auténtica ensalada de opinións siglas e intereses
Hai unha parábola que podería definir aceptablemente o tipo de persoas que tomaron o timón neste partido. Entre ideoloxía indescriptible e conxunto de formacións dispares, se o BNG non é quen de sobrevivir en conxunto non será por disparidade de ideoloxías, senón por imposición do patriotismo simplón a un electorado esquerdista.
Todo foi nesta lexislatura reducible á cuestión nacional, e non é así. Aí vai a parábola:
Entra un foráneo nunha asemblea do BNG e di, gritando:
"¡El cielo es verde fosforito!"
E responden os do BNG:
"¡Españolista!"
En fin...
Publicar un comentario en la entrada