Sumando ideas: Galicia políglota
" ... Unha Galicia políglota, na que se eduque aos nosos fillos/as en galego e castelán". Non, a afirmación non é de Gloria Lago de Galicia Bilingüe, aparece no “ manifesto de reflexións e ideas para encarar unha nova xeira no Partido dos Socialistas de Galicia” . Unha gran idea de Galicia Bilingüe que os socialistas galegos asinantes do manifesto incorporan ao seu ideario. Entre os que encabezan as sinaturas non podía faltar o Alcalde de Fene, o ínclito Ivanciño. Pero ¿onde estudiaches ti home? Moitos estragos fixo LOXSE. Políglota: dise da persoa que coñece e é capaz de expresarse en varias linguas diferentes. Bilingüe: que usa dúas linguas. No teño dúbida de que no voso manifesto propón unha Galicia bilingüe, ou que é o mesmo unha Galicia diglósica. Diglosia: situación na que o individuo especializa cada lingua para funcións diferentes, especialmente cando unha delas se ve reducida a funcións socialmente inferiores

8 comentarios:
É que son políglotas. Para mostra, ese novo idioma que empregan na web do Concello. Velaí algúns exemplos:
“Se abre o prazo para inscribirse nos Obradoiros de Radio”
http://www.fenecidadan.net/actualidade/nova.php?id=1311&lg=gal
“Hoxe se comezaba”
http://www.fenecidadan.net/actualidade/nova.php?id=1326&lg=gal
“Se abre o prazo
http://www.fenecidadan.net/actualidade/nova.php?id=1327&lg=gal
CONTRATACION POR PROCEDIMIENTO NEGOCIADO CON PUBLICIDAD DE LA OBRA " URBANIZACION DEL PARQUE LINEAL DEL RÍO CÁDAVO TRAMO ANEXO A LA PLAZA DEL CONCELLO"
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?lang=gl&OR=107
"O café na trincheira"
http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/
" (...) Dende logo, o manifesto sumandoideas, feito público por alguns sectores do PSdeG pode ser que sume vontades ou intencións pero ideas, o que se dí ideas, non aporta nin unha triste. O texto é unha morea de lugares comúns que podería firmar calquera progresista. E no único punto no que parece destilarse unha novidade resulta que é para darlle validez, non sen certa ambigüidade, á idea da imposición lingüistica.
Habería que recordar que Política Lingüistica estivo en mans do PSdeG, que o decreto impugnado polos enragés da dereita e combatido pola Voz de Galicia e outros xornais -a iso é ao que lle temen de verdade- foi aprobado pola Consellería de Educación. Foi unha polémica impostada, ideolóxica, que o goberno non soubo encarar: como no caso da Cidade da Cultura e ata nas acusacións da campaña electoral o bipartito non tivo a ben defenderse a si mesmo e darlle argumentos aos sectores que apoian.
Ao contrario, coma nenos pequenos correron a excusarse e a dicir “Non o fixen adrede”. O goberno demostrou a súa covardía unha e outra vez. Se a renovación consiste niso -en que todos faigan o mesmo- entón, volverá a pensar o electorado, que goberne a dereita. Sobre a pretendida imposición lingüistica -un trunfo da dereita cavernícola e da esquerda xacobina- abondaría con preguntar isto: ¿alguén coñece a un só profesor que fose instado a cambiar o idioma no que se expresa ante os alumnos?. Ese decreto non tivo lugar, simplemente, como sabemos todos os que traballamos na educación, e quen afirme outra cousa minte."
Mas que vos sorprende no ppsoe? partido que prefire que o pp governe em Nafarroa em vez de darlhe o voto a umha coaliçóm nacionalista.
Um ppsoe que se prestou ao jogo da lei de partidos co único obxectivo de derrotar ao PNV em Euskadi,porque o pp e o ppsoe cando asinarom a lei de partidos o fixerom porque nese momento já sabiam que a única maneira de conseguir o poder em Euskadi o poder era ilegalizando a esquerda abertzale.A lei de partidos foi feita a raiz da gram cagada de Oreja grande em Euskadi.E agora vam aceptar moi gostosos o votos do pp para botar ao pnv do poder, porque defendem a mesma estratexia que o pp.
Ou acaso o de Iván e os seus amigos vos sorprende?. Vam de galeguistas e falam da imposiçóm do galego,cada vez que escoito eso dame arrepios cando o único que se impóm é o castelam.Mas que é o ppsoe galego mas que umha sucursal dum partido espanholista,que nim é socialista nim obreiro e que fai políticas económicas moi proximas aos do pp.
A umha dito que di que nom por repetir umha mentira mil veces vaise convertir em realidade, mas aínda que pareza mentira aquí na Galiza nom se cumpriu e as mentiras dos de Galicia bifida sim que foi crida gracias ao apoio dos grupos económicos e mediaticos espanhois e os espanholistas da Galiza mas ese é o país que temos.
E por desgracia o discurso dos iluminados sociolistos no que esta o nosso alcalde é um discurso sem nengum contido que so busca obter reditos.Mas temos o que nos merecemos
Desculpade metim algum gazapo estaba facendo outra cousa mentres escribia esto.
Esto de Ivanciño é moito, el é alcade de Fene e só se suman ao manifesto "sumando ideas" el e un par de amiguetes. Menos mal que suman ideas,porque se restaran...
os diglósicos parecedes vós, ¿Que ten de malo que os nenos galegos saiban idiomas? no mundo non se desenvolven unicamente co galego
Sandriña, quen defendemos o decreto sobre o uso do galego no ensino, ese mesmo ao que agora Ivanciño e Rosa Díez asocian á "imposición lingüística do galego", facémolo porque entendemos que o ensino debe ter por obxectivo aue a poboación galega no seu conxunto sexa competente nas dúas linguas oficiais. Unha competencia así é a única que permite, na práctica, o exercicio da auténtica liberdade de escoller a lingua en que se queira falar en cada caso.
Facémolo porque entendemos que coñecer a lingua propia é o mellor xeito de coñecer outras linguas e valorar a riqueza do plurilingüismo.
Facémolo porque queremos unha lingua normal nun país normal.
Sandriña, ler, pensar, reflexionar, non aceptar como un dogma o primeiro que nos contan é moi saúdabel.
Falando de lecturas, recoméndoche a "Parábola do caixeiro automático" http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/03/15/0003_7591910.htm
Acabo de ler em vieiros que o próximo 9 e 10 de marzo os de Juventudes socialistas celebram a sáu asembleia galega em Fene.So agardo que os custes da asembleia nom recaiam no concelho.
Por certo a gram amiga do lider (Loli) marcha,que pena máis grande.
Publicar un comentario en la entrada