Negra sombra, burla negra e mofa
non vin cousa somellante!
colle os peixes pequeniños
e deixa fuxi-los grandes!
Al LO LA LA LA LA
Agora sabemos quen foi o culpable do chapapote: o barco. Pero esto xa o dixera unha tal Ana Botella. E nós alporizándonos todos. Menos mal que a xuiza non encontrou motivos para imputar aos que fomos as manifestacións convocadas por Nunca Máis. ¿Como era aquelo de "mexan por nos e temos que dicir......"?


10 comentarios:
La juez del 'Prestige' exculpó a Fomento por un informe de un asesor del Gobierno
http://www.elpais.com/articulo/espana/juez/Prestige/exculpo/Fomento/informe/asesor/Gobierno/elpepunac/20090326elpepinac_21/Tes
La juez permite que la opinión de un ingeniero naval prevalezca sobre la de los marinos mercantes
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/auto/Prestige/elpepuespgal/20090326elpgal_10/Tes
Hoxe no diario de Ferrol, danlle caña ao inoperante do Alcalde pola tardanza das licenzas de obras.
Máis dun ano agardando...!!!
De coña!!!
Outro blog moi interesante sobre fene,-fenefoxas-.
O que ten aínda máis coña é a "solución" que dá o alcalde para axilizar as licenzas: "contratar un técnico de administración xeral".
En lugar de botar balóns fóra, debería explicar por que non toma medidas para solucionar a parálise administrativa do Concello ou por que Fene é, por segundo ano consecutivo, un dos poucos concellos da comarca que non se acolleu ás subvencións da Consellaría de Vivenda para contratar un arquitecto.
E xa postos a dar explicacións, tamén podería aclarar quen minte. Se el cando, referíndose aos terreos de debaixo da autoestrada, di: “obtivemos, antes de encargar este proxecto unha cesión a perpetuidade” ou o PP cando afirma que de cesión a perpetuidade nada de nada, que só hai unha autorización en precario e nos seguintes termos "el uso de los terrenos será en precario y cesará cuando sea necesario para trabajos de conservación y mantenimiento de la AP-9, ampliación de la autopista, etc, sin ninguna indemnización y con solo comunicárselo al Ayuntamiento, no pudiendo construirse plazas de aparcamiento debajo de viaducto".
La voz de galicia hoxe:
Puentes reconoce que las licencias de obras menores tardan dos meses y las mayores cuatro aproximadamente.
A todos aqueles que levades agardandando pola licencia máis do doble e do triple do tempo, vos informo que o tfno. da voz é o 981369050, e o correio do redactor que sacou a noticia e andres.vellon@lavoz.com para que non deixedes pasar a oportunidade de conta-lo voso caso.
Aclaración para o anonimo:
Audasa cede os terreos para o parque en PRECARIO, non a perpetuidade como dixo o Alcalde.
As condicións teñen que estar firmadas polo Concello, e implican que non se construa aparcamento debaixo do viaducto, que cando audasa o estime recuperara a zona para o crea sin pagar indenización ningunha e só con avisar ao concello, e finalmente, o CONCELLO SERÁ RESPONSABEL DE CALQUERA DANO PRODUCIDO NA PARTE BAIXA DO VIADUCTO PRODUCIDO POLO TRAFICO DA AP-9.
ABRAIANTE!!!!!!
Parece que todo vale con tal de atacar a Iván Puentes ¿Porque ten que ser o alcalde o responsable da tardanza nas licenzas de obras? ¿Non hai toda unha serie de tramites burocráticos para conceder as licenzas? ¿inventou acaso o alcalde os trámites? Vésevos o plumeiro a todos en esta bazofia de blog
Non poido decir máis ca que concordo con Belelle. O único que vos importa é atacar ao alcalde
Sandriña e Belelle, non hai peor cego que o que non quere ver e xordo que o non quere oír.
Fraco favor lle facedes ao PSOE e o a alcalde de Fene mirando para outro lado en vez de facerlle ver que lle cómpre cambiar o rumbo antes que o PP colla a alcaldía.
Está ben que opinedes pero se opinarades con coñecemento seguro que o debate había ser máis enriquecedor.
Di a Lei de Réxime Local que o alcalde é MÁXIMO RESPONSABLE DA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL e ten entre as súas competencias DIRIXIR O GOBERNO E A ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL e DIRIXIR, INSPECCIONAR E IMPULSAR OS SERVIZOS.
Polo tanto, é o alcalde quen ten que adoptar as medidas para que a administración municipal sexa eficaz e eficiente, cousa que non fai.
Como OS TRÁMITES BUROCRÁTICOS están regulados por Lei, SON OS MESMOS AQUÍ E EN MANZANEDA. A diferenza está en que mentres EN FENE una licenza menor tarda DOUS MESES E MEDIO (segundo declaración do Alcalde a “La Voz de Galicia”. Os afectados falan de máis de seis) NUNHA BOA PARTE DOS CONCELLOS tardan UN MES E SE NON HAI RESOLUCIÓN EXPRESA ENTÉNDESE QUE É FAVORABLE PARA O SOLICITANTE. E, para as obras maiores, o prazo acostuma ser de DOUS MESES cando EN FENE, tamén segundo o alcalde, NON BAIXAN DOS CATRO.
Gobernar é algo máis que facer rodas de prensa. Gobernar é tomar decisións. Se o problema é a falta de persoal, tivo dous anos para contratar un arquitecto cunha subvención da Consellería de Vivenda, subvención que semella que nin solicitou. Tamén tivo dous anos para contratar un técnico de administración xeral. E por favor, que non insulte a intelixencia dos lectores de “La Voz de Galicia”! A elaboración dunhas bases para contratar ese técnico (a non ser que quixera facer unhas bases a medida dunha determinada persona) é tan sinxelo como copiar e pegar as que hai en concellos gobernados polo PSOE como A Coruña, Ferrol o Lugo. E contratalo non leva dous anos!!!!
O problema é que a parálise administrativa afecta ás licenzas de obras, ás subvencións e a case todos os aspectos da vida municipal. E non é culpa da inmensa maioría do funcionariado nin da falta de persoal! Abonda ler http://fenefoxas.blogspot.com/2009/03/la-crisis-particular-en-el-ayuntamiento.html para saber por donde van os tiros.
A solución tamén é evidente. Pero claro, hai que estar e tomar decisións e Iván está máis ocupado e preocupado en, xunto co seus amigos Loli e Lage, facer trampas e “colocar” á irmá de Loli no Consello da Xuventude (ver http://www.vieiros.com/nova/73001/lea-entre-xuventudes-socialistas-e-galiza-nova-na-asemblea-do-consello-da-xuventude, http://www.vieiros.com/nova/73050/novas-xeracions-acudira-aos-tribunais-se-a-xunta-non-anula-a-eleccion-da-nova-presidenta-do-conxuga) que en gobernar o Concello de Fene e resolver os problemas dos seus veciños.
O Rz.Puentes (Rz. de rapaz, que non chega a señor) está a elaborar unha segunda versión do afamado
"Manual del trepador" de Maurice Joly (que é en realidade un seudónimo de Iván Puentes).
Así que estes catro anos de lexislatura municipal en Fene non están destinados ao goberno de Fene, salvo que, se é menester, e unha vez finalizada a corrección ortográfica da grande novela ensaio fenesa, exista aínda tempo de, entre foto e foto, roda de prensa e esmorga, o Rz.Alcalde teña tempo de meditar unha soa acción de goberno que considere axeitada para tan digna municipalidade.
Dito isto, só quería vos transmitir que é hora de que sexades conscientes de que Fene é ao Rz.Puentes o que a filla de Aznar ao Srto.Agag. Un paso intermedio e obrigado a unha fin moito máis satisfactoria para unha mente tan narcisista.
E como tal, a Ana Aznar lle tocaron anos de infelicidade (infidelidade?) matrimonial, a vós outro tanto do mesmo. Pero de infidelidade electoral. Fene foron as primarias do Rz.Puentes. Non ten interese en quedarse. Deixádeo ir.
Publicar un comentario en la entrada