Este non é Anxo Quintana
Non é Anxo Quintana , nin Feijó 09 licencia para mentir, nin Touriño, nin Torito, nin por suposto Espartaco, nin ten parecido con Kirk Douglas. Nunca podería estar nunha escola de gladiadores porque nunca quixo ser gladiador: quixo ser Craso. Nin a Kubrick se lle pasaría pola cabeza incluílo en ningún reparto. O Bloque tampouco o incluíu no reparto de O vento de Galicia: o Bloque perdeu e el gañou o 1 de marzo. Ah! o 1 de marzo concedéronlle a Feijó 09 licencia para mandar ¿Para mandar? Non, para facer o que lle mandasen


4 comentarios:
Cando veñas a Ferrol pola autoestrada e en chegando a Miño mires á esquerda e vexas semellante desfeita urbanística, acorda que o seu promotor foi un empresario que viviu do pelotazo e tivo a sorte de vender a inmobiliaria cinco minutos antes que o afogaran os problemas. Acorda que ese mesmo señor é........
E mentres tanto, non perdas a ocasión de ler a "Iván el ausente" asinando un manifesto titulado "sumando ideas" no que o mestre dos cainitas se suma ao discurso do PP: o da imposición lingüística.
Recoméndolle a lectura de "Diglosia armónica", un magnífico artigo de Yolanda Castaño http://www.xornal.com/opinions/2009/03/12/Opinion/diglosia-armonica/2009031200162728355.html Di ti que non se fixo.........
Grazas por participar. Coñezo a desfeita, por eso eu penso que é o exemplo e paradigma o de desenvolvemento insostible. Unha total desfeita. El non é Anxo Quintana, el gañou o 1 de marzo, e toda a política impulsada polo BNG para que os recursos dos galegos servisen para o desenvolvemento dos galegos vai desaparecer. O ex carpinteiro do Val do Xestoso (ao que tentei caricaturizar) di que non é Anxo Quíntana: é o que vai mandar. Se o negocio está no vento, pois el é o que manda no vento, axudado por Fernández la Torre e outros. En canto a Ivanciño, sei das súas debilidades: cada vez estase a aproximar máis a Galicia Bilingüe. ¿Como lle din? Galicia políglota. Parece que quixeran sumar as ideas de Gloria Lago e da extrema dereita.
Apertas anónimo
Eu nom som Anxo Quintana sempre o dixem e seguirei decindo, falamos do documento dos sociolistos mas tambem se podería analizar o senhor de Alhariz que publicou onte Vieiros.
Sobre o de Iván,que se pode agardar do ppsoe de Paco Vazquez,de Ventura Pérez Mariño,de Irisarri eu polo menos nom agardo nada.O que me jode e muito é que aquí todos som galeguistas,ate o asasino que nos governou 16 anos, mas todos atacam as nossas sinais identitarias.
Publicar un comentario en la entrada