De riguroso loito: recargando Galicia
Non estou de loito por Quin, que tanto me ten, el debería saber que só á dereita lle esta permitido ir en iate ¡Eslora, manga e foque para Feijó 09 licencia para mandar!
Non é ningún secreto que cazar en tempos de chapapote é actividade propia do ¿? ex franquista Fraga e do ex fraguista Cascos. “Acórdate do mar cando vaias a votar”, foi onte, coma quen di, e parece que pasara un século, como o Prestige afundira a carón do Nadal, e “saían hilillos de plastilina en estiramiento vertical”, houbo peticións aos reis magos para que nos agasallasen con toneladas de memoria. Tantas coma de chapapote, non foi así: non sabemos se porque memoria é un ben escaso, ou porque os reis magos son de dereitas. Algo non faría a esquerda, ou algo faría que non explicou ben ou todo o tecido de dereita, que ten moitísima Voz ( tal vez sexa máis acertado dicir Coz), tapou as explicacións dos avances políticos que impulsou a esquerda. Feijó 09 mentres tanto foi Recargando Galicia, xa non é que a recargara é que aos galegos nos vai saír o tiro pola culata. Só nos queda mirar ao futuro con certa tranquilidade porque se algo ten a dereita é que nas súas filas non hai corrupción ¿por qué? Por definición, así se recolle nos testos sagrados de FAES por eso nin Baltar nin Crespo nin Feijó 09 licencia para mentir son corruptos, nin o poderán ser nunca ¿Por qué? Por definición. Estou de loito porque unha política, principalmente a das consellerías do Bloque, tentou sentar as bases para que os recursos dos galgos sirvan ás necesidades dos galegos e esta política ¿ morre?

3 comentarios:
Conste que ,Cacharro Pardo,ten un Iate,nalgún "portiño das rías baixas",como é ?,Sanxenxo, perdón ,agora San-jenjo ?,pero claro, a Coz sen enteirarse,e "dando couces" ao BNG,curiosamente , tres días antes do día das Eleccións, manda carallo,claro que ,(exemplo),o Director de ASTANO ou Bazán,cando van facer pedidos , pois non falan cos Menisterios de Traballo , e os Empresarios doutros Países,non ,non, que va home,que veñen eles eiquí,ou che van buscar a casa , "o que trocan os protocólos" , nada , nada,o próximo presidente da Xunta e Conselléiros , " que non se lles ocorra falar ca xente", pois é posibel que aparezan os da Coz , con Fernández la Torre ó frente , e lles saquen unhas fotos,e lle pase o mesmo que a Quintana , aviso a Freixó , non fales con ninguén, (que posibelmente sexa o que faga ),por certo , aviso aos Maiores, vánse "inagurar novos Xeriátricos,promovidos pola Xunta ", íso si , PAGANDO claro.
unha aperta e unha mágoa.
dende a bocanada da ría
Non son seareiro de Antón Baamonde pero hai que lle recoñecer que de cando en vez escribe cousiñas ben acaídas. Velaí esta última:
"Eólicas
Esta información non necesita ser abrumada con prolixos comentarios. http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/03/10/0003_7580455.htm?idioma=galego
Non son necesarias grandes sutilezas para que o máis lerdo dos lectores entenda que se xogaba o día un de marzo do punto de vista de determinadas empresas, incluíndo as periodísticas. É materialismo vulgar.
Pero quen o entenda ben, saberá que as eleccións gañouna non en último lugar o lobby de A Coruña. Fraga, Touriño&Quintana -a eles perdeunos a soberbia e a vaidade- ou agora Feijóo son asunto circunstancial e pasaxeiro. Os presidentes son continxentes, o lobby é eterno."
O texto en http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/
Por certo, outro blog moi interesante que tamén fala do desacougo que nos produce o PP
http://votoconbotas.trincheradigital.com/
Eu creo que a esquerda,ou melhor dito o bipartito,cometeu erros.
O bloco pagou a traicçóm aos votantes de toda a vida.O bloco sempre foi visto como o partido diferente o partido que estaba coa xente na rúa apoiando,sempre aí.Mas dum tempo a esta parte as cousas mudarom empezouse a criticar aos movementos sociais e intentar converter o partido num partido nacionalista nim de esquerdas nim de dereitas dicia Anxo Quintana e o povo nom o olvidou.
Sobre o Ppsoe prefiro nom falar pq sinceiramente dame igual. Eu considerome galego e o todo o espanhol dame igual.
Que nos queda? voltar a comezar esa longa noite de pedra de novo e agardar que alguns rectifiquem e reconduzam a situaçóm porque senóm o día de manha seremos máis os que lhe daremos as costas.
P.D. E em Fene que analicem as cousas porque aqui o único que paga a nefasta xestióm de Ivancinho e o bloco. E tambem é duro ver que no nosso concelho a nova extrema dereita espanhola saca 60 votos
Publicar un comentario en la entrada