martes 20 de enero de 2009

Maxia branca que parece negra: Noceda nin vivo nin morto

No conto de Alicia, o gato que estaba sorrindo desvaneceuse e no aire quedou flotando un sorriso sen gato. Tamén parece que se desvaneceu Antón Noceda, pero no Concello non quedou o sorriso de Noceda ¡Cámbiache o conto! Din que no consistorio asubiaron palabras coma coitelos aguzados cortando o aire. Ao case líder da diversificación, ao case estadista, ao tal Iván gustaríalle que o tal Noceda nin se quedase nin se marchase, nin dentro nin fora, nin vivo nin morto. Quéreo simultaneamente vivo e morto ata as eleccións do domingo de piñata e enterralo, xa morto, na coresma. Pero Noceda, sabedor de que Ivanciño vive menos en Fene ca en Pontedeume, está a levar o seu sorriso á agrupación local do PSOE ¿Como rematará conto?

6 comentarios:

Anónimo dijo...

o alcalde está satisfeitos por o peso de Ferrolterra nas listas electorais¡Será posile!

Anónimo dijo...

Noceda parece que aínda non dimitíu a pesar de que xa hai días que apareceu publicado no Diario de ferrol a noticia, por certo os deste blogue xa tiñan publicado que tiña intención de dimitir: están ben informados. Segundo Radiofusión, Iván di que non é oficial a dimisión. Tedes razón: Noceda nin vivo nin morto

Anónimo dijo...

Imaxes que valen máis que mil palabras

Chama a atención que na foto do “gabinete de crise”–denominación da “botafumeira” do de “Iván el Ausente”- non estea o Concelleiro Delegado de Organización e Seguridade que, se non dimitiu tamén deste cargo, segue a ser Antón Noceda. Que non se entende que, á hora de mobilizar ao persoal municipal, non estea o “xefe dos recursos humanos”.

Na presentación da campaña “Faite Ver” non só participaron a Comisionada de Seguridade Viaria, o director da área sanitaria de Ferrol os dous que aparecen na primeira foto da noticia na web municipal xunto a “Iván o coleccionaista de fotos”. Na súa condición de directivo da área sanitaria de Ferrolterra participou tamén Jorge Yáñez como se pode ver na noticia e fotografía de “Diario de Ferrol”. Por que non aparece Jorge en fenecidadan? Negouse a posar con Iván? Habelencias d@ fotograf@ á hora de buscar o encadre? Miragres do Photoshop? Quen o sabe!

Anónimo dijo...

Faltaban los links a las imágenes del post anterior

http://www.fenecidadan.net/actualidade/nova.php?id=1280&lg=gal

http://www.fenecidadan.net/actualidade/nova.php?id=1282&lg=gal

http://www.diariodeferrol.com/sabado/comarcas/comarca02.html

Arredista dijo...

Por onde andades que nom se sabe nada d vos?.
Cada día que pasa a xente q votou ao gram lider anda máis cabreada,antes muitos nom reconhecíam q o votaram mas agora a parte d reconhecelo dim anhorar ao anterior equipo de governo.
Como dí o refram outros virám q bom te farám.
Iváncinho vai saír pola porta grande do concelho,mas como siga asim vaino facer a patadas.

Antonio dijo...

Estamos algo ocupados, os que mantemos este blogue, pero podemos prometer e prometemos, que antes de rematara a semana escribiremos unha entrada. Non é que nos contrataran para deseñar a imaxe corporativa do tal Iván . En tempo de crise os políticos profesionais aumentan o investimento, tamén en propaganda para mudalo estado de opinión dos votantes, e o mesmo tempo o tal Iván incluso o podería xustificar dicindo que esta inversión é para impedir que entremos en recesión ¡Toda unha receta Keinesiana! ¡Dous paxaros dun tiro! Non, non nos contrataron, pero seguiremos traballando pola verdadeira imaxe do alcalde