Última hora ¿Ten remedio o PSOE de Fene?
Escoitamos que na Casa do Concello se está a librar un duelo entre o alcalde Iván e o concelleiro Non-Ceda e incluso case percibimos o ruído das espadas. ¿Cal será o desenlace? Fontes dignas de crédito din que Non-Ceda xa recoñeceu a súa derrota e vai presentar a dimisión como concelleiro. ¿Sairía o tal Iván victorioso? ¿Sería a súa unha victoria pírrica? ¿Ten remedio o PSOE de Fene? Andaremos e veremos

11 comentarios:
E logo que pasou?.O líder empeza a ter problemas cos seus companheiros?
Sí, o lider ten problemas ¿Cales son eses problemas? Cabe pensar que Non-Ceda, co seu persoal estilo de exercer o poder estivera chocando co tal Iván dende hai tempo, que foran xordendo chispas e en algún momento prendera o lume. Iván estará agora calculando, se para os seus intereses e mellor apagar ou atizalo lume. Se o apaga, facéndolle concesións a Nonceda entón aumentaría o liderazgo de Nonceda diante dos compañeiros, se propicia a dimisión de Nonceda sempre vai haber algún máis agraviado que se poña do lado do dimisionario, ademais a transcendecia pública en precampaña noñe convén a Iván. Tamén pode ser que lle faga entender a Nonceda que non lle convén irse dando un portazo
Noceda e un dictador e Ivan "El ausente" anda agochado pola sua falta de capacidade e liderazgo, Ivan non esta en Fene esta nos despachos do Psoe a espera doutro carguiño.
Unha peniña estos SOCIOSLISTOS, trapallans e tyraidores, moito.
Como se xustifica que as pemes de Ferrolterra teñan que reunciar a 27.000.000 de euros para proxectos industriais por non conseguir o aval bancario?
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/pymes/pierden/27/millones/creditos/Ferrol/elpepuespgal/20090112elpgal_5/Tes
Onde van parar os 30.000 millones de euros (ampliables ata 50.000 millones) que o goberno dá á banca para apoiar apoyar la oferta de crédito a la actividad productiva de empresas?
Que dixo "La Coz de Galicia" ao respecto?
Houbo algún tipo de reacción política?
A verdade é que a nova da dimissom de Noceda é algo q haberia q analizar dende tres ptos d vista.Como queda o bipartito,o ppsoe local e que pode pasar nas vindeiras eleicçóns municipais.
No tema do bipartito a renuncia d Noceda pode lerse como umha vitoria do BNG e da CIG (mas nom deberíam facerse ilussóns pq nom significa muito sobre todo para os do BNG).De todos é sabido q Noceda nom era umha persoa moi integradora no governo,mas tambem creo q sem Noceda o grupo local do ppsoe queda sem xente d peso (pq Lalan está máis centrado em outros temas) e o resto de membros nom som xente de peso.
Noceda era o q estaba levando as "hostias" (era o malo) pola situaçóm d parálise do concelho,agora o gram líder vai ter q ser a cabeza visíbel e queda sem ese escudo.
Sobre o ppsoe local,a nova a nivel interno nom é boa.Significa (polo pouco q sei) q o secretario xeral do partido a nivel local dimite por serias discrepanzas co alcalde q é do seu partido.
Sabido é q certos sectores do ppsoe d Fene nom eram partidarios de pactar co BNG,q Iván tivo q trabalhar para q eso ocurrirá e agora um dos seus apoios(ou eso creo) o deixa.
Tambem pode sacarse outra lectura Iván estase desfacendo d todos os q usou para eliminar do mapa a Jorge.Tenho escoitado falar da alianza d tudos contra Jorge q acabou com este fora d candidatura,so queda Lalan é como dicía antes pq esta máis centrado no Comite de Emerxencia.
Sobre o q pode pasar dentro d dous anos e meio,a lectura é clara o único beneficiario da situaçóm é o PP e Sindo. Levo um tempo analizando cousas e vejo q por primeira vez em Fene o pp está facendo rúa (q quer dizer? acude as sociedades,vense polos sitios e aquí eso valorase).
Os dous partidos do bipartito estám fora d jogo. Por umha banda o BNG está máis pendente d borrar um pasado q ,aínda q eles crem q foi negativo, para este concelho marcou umha época. Segue umha estratexia a nível nacional d q prefirem estar cogovernando a representar umha opción d defensa dos intereses do povo. O BNG debería empezar a presentar um líder q poidera facer algo em Fene,pq como pase o tempo vam levar um hostiazo moi gordo.
O ppsoe está mostrando umha desunión moi forte, há q ter em conta q a demissom d Noceda e a segunda do seu grupo dende q conseguirom o poder.Mala sinal para Iván, pq muitos anos loitando para eliminar ao BNG d Fene e so conseguiu eliminar a súa xente(o BNG estase autoinmolando).
O outro partido q queda,por desgracia para eles nom é umha opción seria. Eu som da opinióm d q si EU se renovara podería pasarlhe o mesmo q em Ferrol,mas creo q aquí nom estam pola labor.
Q nos queda aos q cremos q podería haber algo diferente? algo similar ao q tivo Fene em algum momento?.Eu creo q a soluçóm e q apareza algo similar ao q aconteceu em Cangas coa ACE (Alternativa Canguesa de Esquerdas),q é um colectivo q aglutina a forzas sociais e algum partido político d esquerdas porque senom o q nos queda é ou outro bipartito ou Sindo de alcalde.Tempo ao tempo.
P.D. Perdoade por mandarvos esta ida d olha
As reflexións feitas acerca da nova da "posible" dimisión de Non-Ceda penso que son de moito interese, se hai crise no PSOE un beneficiado seguro é o PP de Sindo (concordo con Arredista) e os seus mariachis. Coido que o BNG non está no seu mellor momento en Fene para beneficiarse da posible crise do PSOE. É certo que o BNG debe afrontar a súa renovación en Fene partindo do que o BNG representou nos últimos 28 anos, con moitas máis luces ca sombras, pero tamén con sombras. O que poida pasar no PSOE non o sabemos, pode que incluso o líder Iván intente aplacar a Non-Ceda, pero para Fene sería moi importante que se vise un BNG que avanza, con ideas que ilusionan aos sectores aos que o BNG sempre defendeu (os movementos sociais, a mocidade, a pequena empresa, ....) Hoxe en Fene hai formalmente un alcalde, pero na realidade é como se non tiveramos alcalde e esta situación debería ser posta de manifesto polo BNG. Se a dereita chega a gobernar nas próximas eleccións, a responsabilidade de que chegue ao poder será compartida polo PSOE e o BNG
Estaredes contentos! esto davos tema para seguir co voso disco raiado contra Iván, mentras tanto o anterior alcalde vai ser sometido a investigación xudicial pero para vos eso non é importante. ¡Que forma tedes de entender os problemas que hai no concello!
Nom vou defender eu a Pepe,q el já e maiorcinho para facelo,mas creo q nom vos convem muito falar dese tema.
Pq polo menos a mim neste caso umha cousa quedoume clara q o único q fixerom foi evitar q o concelho perdera umha subvençóm,deixando as cousas atadas(material mercado e aval no concelho da empresa q tem q facela obra).E melhor q miredes para o q tedes na vossa casa e na vossa agrupaçóm local.
Pra o do comentario de....vai ser sometido a "unha investigación xudicial ", pois mira, como dí Arredista pepiño xa é maior,que tamén tivo " xuizos " co franquismo , tamén co Felipismo,si,si,cando o tema da mal-chamada Reconversión Naval de AS-TA-NO,saberás que a Pepiño,o xulgaron moitas veces, pero iso sí,POR DESOVEDIENCIA CIVIL,e decir,paralizou FENE en favor dos veciños-as afectados polo tema de AS-TA-NO,pois por ísto tamén o xulgaron a Pepiño,cando o Felipismo,POR DEFENDER FE-NE,que por iso ERA o Alcalde,e 25 anos despóis seguimos nas mesmas,PARO, AS-TA-NO,na " parálise permanente ", a pesares das falsasPROMESAS,máis de 50.000 Ferrolterráns que EMIGRARON,empresas que naceron e MORRERON nunha curta espazo de tempo,xente que caíu no ALCOHOLISMO por mor dos problemas derivados do PARO,derivados de AS-TA-NO,claro que outros trocaban de AUTOMÓBIL cada tres anos,tamén houbo problemas en moitas familias,que remataron en SEPARACIÓNS e DIVORCIOS,polo tanto xa é maiorciño,e polo tanto xa se defenderá,que se aturóu o franquismo e o Felipismo,malo será o " maltraten ".....por defender os INTERÉSES de FENE e como non,dos VECIÑOS-AS de FENE , Ánimo a Pepiño,e quero crer na Xustiza , unha aperta,e sobor de todo prá mocidade, e que pregunten pola HISTÓRIA da LOITA dos VECIÑOS-AS de FENE,contra aquiles que quixeron e QUEREN que AS-TA-NO,peche DEFINITIVAMENTE, a éses SÍ HABERÍA QUE XUZGÁLOS, abofé que SÍ, boa noite GALIZA
outro Pepiño , pero máis novo
Eu tamén son Pepiño, estou de acordo anónimo que firma como outro Pepiño pero máis novo. Todos sabemos o que fixo Pepiño por Fene e o que fixo o PSOE
Boas noites e adiante Galiza
Iván vai denunciar tambem ante o TSXG a Lalam e a politica territorial por facer umha obra ilegal em Conces?.
O gram líder debe acudir rápidamente aos tribunais a denunciar este gram atropelho como fixo co de Pepe,ou nom o vai facer?
Pobrinho
Publicar un comentario en la entrada