sábado 3 de enero de 2009

Ja soc aquí ¡Viva a diversificación!


O alcalde pode caer e nin Nonceda está seguro , de seguírense columpiando coa grúa pórtico de Astano, Izar ou Nadantia, ou como se lle chame. E eso non é o peor, o peor é non se poder levantar. O demo me leve se dou creto a entrevista do tal Iván ( alcalde de Fene) aparecida en El Correo o 23 de decembro de 2008, ás portas da Noite boa : "Astano demostró que no es bueno depender de una sola empresa, porque te caes en picado. Para que la gente se quede en Fene y no emigre, debemos diversificar." Xa temos a verba máxica: o abracadabra do alcalde é diversificar. Queremos lembrarlle que no ano 1983, cando Iván aínda non xogaba co barco pirata, entra en vigor un real decreto elaborado por un tal Carlos Solchaga, coidamos que Ministro de Industria e Reconversión do PSOE. O que supuxo a aplicación dese real decreto para Ferrolterra foi: a desaparición das empresas auxiliares e a perda de cerca de 5000 postos de traballo directos no estaleiro de Perlío. Mentres tanto o ministerio de industria do tal Solchaga incentiva, mediante subvencións, a diversificación a través da ZUR (Zona de Urxente Reindustrialización) e créanse: COINGASA, EUROINDE, GALLEGA DE CICLOS, INVERVALIA, PROALCE, PREFABRICADOS DE HORMIGÓN, SIVA (Fábrica de vidro), IMENOSA ¡Sobraban postos de traballo e ademais diversificábase ! ¡Pura maxia! ¡Deixaba quedar pequeniño ao mago Antón!Lembremos que os que peor saíron foron os de Puerto Real: vaia putada, con perdón, foron condenados a non se diversificar e tiveron que seguir facendo barcos. Iván agradecémosche a profunda reflexión que fas en esa entrevista durísima que tiveches que soportar e sobre todo a túa aposta decidida por seguir diversificando, seguro que tes unha proposta innovadora para utilizar as instalacións industriais que aínda están ociosas como pode ser o envasado de postas de sol desde a grúa pórtico. Non soamente es o alcalde máis novo de Galiza se non que es o mellor alcalde actual de Fene

10 comentarios:

Arredista dijo...

Diversificar,eu creo que é o verbo favorito de Iván.De feito dende que é alcalde diversificouse muito em Fene,os famosos espazos ociosos onde ia facer maravilhas o poligono anda o home diversificando.
De paso mandalhe umha nova a COZ de GALICIA sobre um caso do anterior alcalde que data do 22 de outuvro do 2007,mira que já choveu.
Pobre Iván tendo um gabinete de prensa e nom da feito,vai ser culpa da xente de Fene a súa total incapacidade(e a do seu governo).
E a tenente de alcalde vai de número 15 nas listas do BNG pola Corunha, grande labor.O alcalde em que número ira?

Anónimo dijo...

Iván tiene que denunciar las irregularides que cometió el anterior alcalde, no pude ser cómplice de unha ilegalidad

Anónimo dijo...

Si, en "Diversificación Curricular" vai acabar este alcalde como siga así

Arredista dijo...

Pq algo q se sabe dende outuvro do 2007 sae á luz a principios do 2009?,será q venhem eleicçóns? será q ante a súa incapacidade de facer nada Iván revolve no pasado?.
Ao melhor Iván ve q pasa o tempo é prometeu muitas cousas e nom é capaz d facer nada.Dime umha soa obra q se producira em Fene q nom estivera asinada ou comenzada da anterior etapa?.O único grande que fixo foi pasar dum concelho em quebra onde habia um so liberado a um concelho com 5 liberados(3 do ppsoe e 2 BG),NOM ESTABA EM QUEBRA O CONCELHO? VAIA MEDIDA(120000 € a maiores)
Recorda a diversificaçóm q Iván propuxo no espazos ociosos de astano, onde esta?.Esta claro q Iván sera bom politico mas o é para um parlamento onde as palavras bonitas quedam moi bem,mas para a política do día a día num concelho nom vale é o está demostrando.E q conste q nom está governando sozinho q tem uns aliados com el,tam culpaveis como o ppsoe no que está pasando.

Anónimo dijo...

Como Iván ten que denunciar as irregularidades supoño que daría conta á fiscalía de todas estes acordos adoptados no seu mandato e co informe contrario e advertencia de ilegalidade de secretaría:

2º.- RATIFICAR ACORDO DA XUNTA DECEMBRO DE 2007 SOBRE ADQUISICIÓN Á CONSTRUCCIÓN DUN PUNTO LIMPO.

Á vista do disposto no precepto citado, a xuízo da que subscribe, o apartado quinto do acordo citado adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión de data 27 de decembro de 2007 non se axusta á legalidade.

http://www.fenecidadan.net/mediateca/Actas_e_acordos/2008/Acta_3_de_xaneiro._Sesion_Ordinaria.pdf

2.- DELEGACIÓN NO CONCELLO DE ARES DA COMPETENCIA OU POTESTADE EXPROPIATORIA A EFECTOS DE LEVAR A CABO A EXPROPIACIÓN DOS TERREOS SITOS NO CONCELLO DE FENE PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “ACTUACIÓN DE SANEAMENTO NA ZONA NORTE DA RÍA DE ARES E NA ZONA SUR DA RÍA DE FERROL. ARES, FENE E MUGARDOS.

Polo exposto ,a xuízo desta Secretaría, o Concello de Fene non é titular da potestade expropiatoria para proceder á adquisición dos terreos sitos no seu término municipal necesarios para a execución da obra citada, polo que, ao non ter dita potestade, infórmase que a proposta da Alcaldía de data 18 de febreiro de 2008 relativa á delegación da mesma no Concello de Ares non é conforme a dereito.
CONCLUSIÓN:
En atención ao exposto, infórmase desfavorablemente a proposta da Alcaldía de data 18 de febreiro de 2008 polo que, a xuízo da que subscribe, non procede a súa aprobación.”
Aberto o turno de intervencións(..../....)

http://www.fenecidadan.net/mediateca/Actas_e_acordos/2008/6_de_marzo_de_2008.pdf

Seguidamente, polo Sr. Alcalde-Presidente maniféstase que desexa someter ao Pleno da Corporación, por razóns de urxencia o asunto relativo á ratificación do acordo da Xunta de Goberno Local de data 31 de Xaneiro de 2008 relativo á participación na segunda fase do

Plan de herba artificaial nos campos de fútbol municipais 2007 da Deputación Provincial da Coruña, e aprobación do proxecto técnico de implantación de céspede artificial no campo de fútbol de “Os Pinares” en Fene. A Coruña.

Polo exposto, a xuízo da que subscribe, non procede a aprobación do proxecto , debendo con carácter previo á adopción do acordo verbo do mesmo constar no expediente a autorización da Comunidade Autónoma para a execución das obras, debendo tamén tramitarse o correspondente expediente de actividade clasificada.


http://www.fenecidadan.net/mediateca/Actas_e_acordos/2008/3_de_abril_de_2008.pdf

E conste que son só unha mostra. Revisando as actas hai moitas máis.

A bo entendeor poucas palabras fan falta!

Bencho-Sey dijo...

Ivan comezou a precampaña: o 23 de decembro concede a entrevista a "El Correo" na que de xeito maxistral expón como se pode encher unha páxina con obviedades que el trata coma se fora o descubrimento da fusión fría. Como lle pareceu que o tono da precampaña tiña que subir, pon en coñecemento da fiscalía unha presunta irregularidade cometida pola anterior corporación e de paso pon a traballar ao seu gabinete de prensa (que pagamos todos)para que aparecse como nova en La Voz o día 4 de xaneiro, domingo, non é casual que saíra un domingo: Iván estuduou publicidade e sabe que os domingos hai máis xente que lé o xornal, e ao fin e ao cabo esto non é máis ca mala publicidade. Iván ten problemas: non despega como figura emerxente do PSOE de Ferrolterra, ou polo menos non despega á velocidade que el esperaba (con esa velocidade só se pode chegar a Pontedeume). Por outra parte é un rumor, cada vez máis estendido, que entre o tal Ivan e o tal Non-Ceda tamén hai problemas. Nalgúns bares escoitouse que o tal Non-Ceda quería dimitir dos seus cargos. Iván ademais anda vendendo que é o alcalde máis novo ce Galiza, o cual aínda que sexa certo non deixa de ser un feito biolóxico que non o fai nin o mellor alcalde nin o máis listo nin o máis valorado polo partido; esto último demóstrao o feito que, no que levamos de lexislatura, ningún líder socialista importante visitou o Concello. Cando Iván chegou ao Concello, posiblemente pensara que iniciaba un ascenso imparable pero a realidade é outra. A ver que pasa na campaña, porque o BNG pode dicir " que goberne Iván cos seus mariachis" e entón eso pode dar lugar a que nas próximas perda a alcaldía, entón: adeus Iván

Anónimo dijo...

Non sei como vos hai que dicir que esto non é forma de facer oposición, en este blogue non hai unha soia idea válida. Porque non vos dedicades a outra cousa?

xabi dijo...

home, esto, penso, non é por facer oposición, se non por falar da política local. Da que por certo o máximo representante é Iván Puentes, polo que é lóxico que sexa unha das referencias.
A ver, como cho explico sinxelo, cando gobernaba González, de quén se falaba? e cando o facía Aznar? e Zapatero? pois con Puentes, o mesmo, pero en local.
son cousas da popularidade, e el debe sabelo, se é que fixo Publicidade.

Anónimo dijo...

Quería informaros que entredes no , Blog de Loli,(PsoE ), pois fala do tema de Rivera Arnoso , unha aperta

Arredista dijo...

Os do ppsoe som á hostia a dignidade em persoa, som os decentes.Xente como Paco Vazquez,Pachi Vazquez,Modesta som exemplos da xente honrada q tenhem neste país.
Vaia panda, pois deberiam falar do q tenhem na casa pq em Fene há algum tema moi forte no q andam metidos os chicos guays do ppsoe de Loli e Iván.