lunes 12 de enero de 2009

Caro Iván

Iván e Noceda escribironlle aos reis. Velaí a resposta do rei Melchor:
Caro Iván, recibín a túa carta e quedei a cadros ¡Como non ía a preocuparme! cando me dis que ti o alcalde máis novo da Galiza , que saibas que esto para nós as maxestades de Oriente non é ningún mérito ( parece que para o PSOE tampouco), denunciaches ao teu antecesor diante da fiscalía. Ai Ivanciño, Ivanciño, de pouco che serviu o que xa che dixen o ano pasado: “non é o mesmo predicar ca dar trigo” e os alcaldes teñen que dar trigo. Rivera Arnoso esforzouse en dar boas colleitas de trigo durante trinta anos e ti nada sementaches. Encóntrome diante dun paradoxo chusco (ou “parajoda” en palabras de Canenda): a colleita desta lexislatura sementouna o denunciado por ti, Rivera Arnoso. Por esto só merecerías carbón, se non fora que como fai frío non o podemos dar alegremente. Non é nada, nin por esas aprendes: serás o máis novo pero non aprendes. Disme que na Galiza vai haber eleccións e pídesme que algún dirixente importante do socialismo galego se pasee por Fene anque só sexa para despistar, polo menos na campaña, disme que o teu partido te ten abandonado. Pero home ¿como han de ir por Fene? ¿Que poden ofrecerlle aos veciños e veciñas de Fene? ¿Non será a diversificación industrial que ti predicas? Ninguén os vai crer despois da desfeita da reconversión. Tamén che dixen o ano pasado que para chegar arriba, como ti queres, debes buscar apoios, os mellores son os dos veciños e para eso tes que te mollar: “coas pernas enxoitas non se pillan as troitas” pero ti confundiches gobernar con darlle traballo ao teu gabinete de prensa Disme que contas con apoios de Loli, Blas, e o etcétera de blogueiros ¡pero home! se tamén che dixen que eses son os que che tecen o traxe novo do emperador: estás a andar en coiros e eles a dicir ¡que ben lle acae o traxe ao alcalde de Fene! Deixaríache carbón , pero tanto Gaspar como Baltasar están que botan fume e montáronme unha boa liorta cando lle lo dixen. Mándoche un consello sen eles o saber: se sabes exercer de alcalde faino para que os de Fene saiban que teñen alcalde e se non.......
Melchor (Rei mago )