martes, 16 de diciembre de 2008

¡Non é de coña! a tod@s @s que entren aquí: ¡Felices festas!

O dito: que sexades felices. Nós imos coller vacacións. Grazas a Iván, a Nonceda, á mula, ao boi, aos vikingos e vikingas (con cornos ou sin eles), aos que nos poñen a feder, aos que nos mandan rascar o carallo por non nos poder dar unha hostia. Non deixedes que Fraga vos pondere, disfrutade e pasade o Nadal como vos dea gana, se podedes. Grazas aos e ás que fan comentarios intelixentes, grazas tamén se non os fan. Aos que lles parece que debemos continuar publicando en este blogue, e tamén aos que nos din que o deixemos porque na internet xa hai lixo abondo. Querémoslles dar as grazas tamén aos e ás que que nos digan que nos quedemos con elas porque boa falta nos fan, gústanos repartir con todos. Grazas e bo Nadal

lunes, 15 de diciembre de 2008

Tres en un: na alcaldía inventan a web 3.0

É rotundamente falso que o sr Alcalde pense que o Concello é da súa propiedade e menos aínda que sexa o seu “cortijo” porque Iván, é dicir o sr. Alcalde, será o que se queira pero non é un "señorito andaluz". É algo señorito e de Fene de toda a vida. Que na web do Concello de Fene apareza o mesmiño ca na do PSOE de Fene, debería ser motivo de orgullo para todos nós, os que mantemos este blogue non podemos estar máis orgullosos porque esto é a proba irrefutable de que hai un ordenador na alcaldía e que o título do noso blogue foi acertado, e o que é máis importante: o alcalde sabe copiar e pegar. ¿Qué hai de malo en que os dous sitios web reproduzan as noticias polo método de copiar e pegar?, a propiedade intelectual, dirán algúns, que utilizan a funcionarios para manter a web do PSOE, dirán outros. ¿Qué dirían se souberan que podería ser o alcalde quen elabora as noticias para o PSOE e que despois as cedería desinteresadamente ao concello sen cobrar un chico? ¿Por qué o alcalde non pode felicitar o Nadal a tódolos feneses e fenesas utilizando o seu blogue , a web do concello e a web do PSOE? Felicitacións por triplicado para os veciños e veciñas de Fene polo método de copiar e pegar. A Santísima Trinidade, o auténtico tres en un da web: a web3.0 inventada por Iván e Nonceda. ¡Que trema o CERN co seu acelerador de partículas incluído!

jueves, 11 de diciembre de 2008

A nosa intelixencia colectiva: pechado por derrubo, desculpen molestias


" A los nacionalistas habría que colgarles para ver su peso...", Non nos produce ningunha estrañeza escoitar esto na boca dun ex ministro de Franco, o que causa desacougo é pensar que o individuo Fraga (nome polo que se coñece a ese suxeito) estivo ao fronte do goberno de Galiza durante dezaseis longos anos, e foi presidente cos votos de moitos galegos e galegas. Neste punto compre que nos fagamos algunhas preguntas ¿A rede social de intereses, tecida polos gobernantes caciquís do PP, derrubou a intelixencia colectiva do noso País? ¿Contou o PP coa axuda do PSOE, dirixido polo individuo Paco Vázquez? Convén reparar o edificio danado

sábado, 6 de diciembre de 2008

Un tal Iván no concello de Fene

Agora confírmase: Antón Nonceda, o concelleiro, non é un talibán; nós nuca puxemos en dúbida a súa fe (a pesar de ter cometido algúns pecadiños cos funcionarios), do que non estamos moi seguros é de que quen mande sexa un tal Iván. En Fene todos poden durmir coa tranquilidade de que Nonceda non abrazou outra relixión, ¿con total tranquilidade a pesar de non saber se manda un tal Iván?, esto si qeu non o podemos confirmar: a tranquilidade nunca é total

miércoles, 3 de diciembre de 2008

¡Se a mesa falara!

¿Se a mesa falara que diría?


Diría..........
Non sabemos o que diría ¡ou tal vez sí! ¿Será preciso escoitar o que diría?........