Un estraño virus ou os pesadelos do Sr. Alcalde
Un estraño virus percorre Fene, xa sei, esto é parecido a “Un espectro percorre Europa...” Manifesto comunista de Marx e Engels. ¡Ave María purísima!, ¡a onde me foi dar a miña cabeza, 160 anos cara a tras ! Estás desvariando, dirán os que se esforzan en soterrar ao marxismo ( “neocons” e socialdemócratas) e o marxismo ao igual ca Lázaro empéñase en resucitar. Un virus non é un pantasma nin un espectro pero é tan resistente aos antibióticos coma os pantasmas ¿Cal é o virus que percorre Fene? Temos información de que se pasea pola Alcaldía coma Perico pola súa casa ¡Pobre Ivanciño! Témoslle aprecio ao alcalde, e é unha magoa que estea afectado por ese virus a persoa que pensou que gobernar era o mesmo ca construír un discurso lindo con catro palabras e media, por eso mesmo lle está afectando o virus. ¿Que facer? (como diría Lenin) , os remedios son paliativos, contra os virus compre empregar menciña preventiva e contra este en concreto tiña que saber o alcalde que precisaba de capacidade para escoitar, para se informar, para xestionar e para tomar decisións. Non estamos a dicir que non teña esas capacidades o que parece é que ten dificultade para usalas na acción de goberno. Para chegar ao concello Iván liderou a conxura contra o Dr. Yáñez pero como o mundo non para de dar voltas ¿será o Dr. Yáñez quen vaia menciñar a Iván?. Arredista, un lector ben informado deste blogue, pensa que si ¿Terá o alcalde pesadelos co Dr. Yáñez ?




