domingo 24 de agosto de 2008

Cultura e Ensino ao instante

O concelleiro de Cultura non é que vaia como unha moto, vai a "todo filispín" ou a full speed, é dicir, a fume de carozo (¡Canto lle debemos á LOGSE na cuestión do English Follow Me!) Foi iste concelleiro todo un campión galego no 2007 Cultura e velocidade: é o que hai ¿ Será a cultura rápida? ¿Será a cultura ao instante? Linguas viperinas dixeron que era o invento da cultura ao instante para dar resposta política ao famoso invento, do Alcalde, dos vikingos sen cornos. Ao consultar fontes próximas ao concelleiro, sobre este particular, dixéronnos "Ide rascar o carallo" o que demostra que non se atreveron a nos "dar unha hostia"

viernes 22 de agosto de 2008

¿Pasease a Santa Compaña impunemente por Barallobre?

Seica desde hai tempo se divisan, pola noite, en Barallobre luces que vagan entre a Xurreira e as Chousas. Fontes próximas a Secretaria do concello desmenten que se trate da Santa Compaña por non ter solicitado a pertinente licencia de actividade e carecer do "nihil obstat"do Arcipreste de Bezoucos, segundo confirmaron aos administradores deste blogue. Por outra parte Radio Fiestón informa que os veciños de Barallobre protestaron diante do Concello pola falta de alumeado público e que ían solicitar subvencións para mercar lanternas ou velas. ¿Atreveríase a Santa Compaña a pasearse por Barallobre coma Perico pola súa casa? ¿Concedería o alcalde, por decreto, subvencións par que os de Barallobre merquen velas e lanternas?

Seguridade Fenesa. Por terra, mar e aire

Vendo a este home atordado pola responsabilidade de dirixir a SF (Seguridade Fenesa) podemos durmir tranquilos: os efectivos da SF impedirán o desembarco dos vikingos de Redes e o Alcalde Iván estará a salvo. Radio Fiestón informa que gracias á eficacia da SF podemos todos disfrutar na Festa da Orella de Limodre. Viva Fene Ceibe

Leña ao mono......

Os dereitos dos cidadáns a discrepar dos que mandan baten cos intereses destes. Na primeira fase os que mandan explican con paciencia, sensibilidade e franciscana humildade que aplicarán, sen contemplacións, o método de "leña ao mono ata que aprenda o catecismo", se os miolos dos que protestan non captan as sutilezas dos que mandan pode haber unha segunda fase ¿ entrará en acción a Seguridade ?

Dedicado a tod @s @s que fan sentadas

jueves 21 de agosto de 2008

Escea primeira, toma primeira

Interior do Concello de Fene, pola tardiña.
A cámara fai un "travelling" e detense diante da alcaldía, ábrese a porta e aparece
Noncede Nonceda co bastón de mando que con tanto esmero limpou o alcalde Iván para a toma de posesión, mentres que Noncede observa extasiado o bastón a cámara fai un zoom amosando un plano de detalle do beche de Noncede.
Data probable de estrea: tan pronto como Iván consiga outro posto

martes 19 de agosto de 2008

Ano 2038. A historia contada sen trampa nin cartón (II)


O ex rexedor adoita pasar as noites de inverno a carón do lume, o neto imaxinario resignado escoita noite tras noite a mesma narración. ¿ A mesma sempre? Non, algo cambiou: o ex rexedor deixou de atribuírse o invento dos “Blogues” ¿Será porque chochea? ¿Farao adrede?


viernes 8 de agosto de 2008

Ano 2038. A historia contada sen trampa nin cartón

O ex rexedor é un guerreiro pre xubilado, curtido en mil batallas, que ten un neto imaxinario. Por terceira vez, o 28 de decembro de 2038, empeza a narrar os feitos épicos que cambiaron o rumbo da historia de Fene. ¿Contará desta vez todo o ex rexedor? ¿Esquecerá algo aposta? CONTINUARÁ

martes 5 de agosto de 2008

O Rei León foi detido en Fene


Onte foi detido en Fene o Rei León. Descoñéncense os motivos da detención. As forzas de Seguridade Fenesa (SF) manteñen absoluto mutismo (xa nunca moito falaron). O rexedor do concello encontrábase preparando, xunto á cúpula do exército vikingo da praia de Río Castro, a defensa contra o desembarco dos vikingos de Redes (segundo a Secretaria do Concello o desembarco é ilegal, os vikingos non contan coa autorización para o uso bélico do dominio público de Río Castro) . Fontes próximas á cúpula da SF insinúan que a denteción do Rei León e o desembarco vikingo están relacionodos. De momento, e esto si que é raro, o alcalde de Fene non ten pensado facer ningunha declaración. As mesmas fontes manifestaron que a operación segue estando aberta

domingo 3 de agosto de 2008

¡Non xogues co lume! Apadriña un bombeiro

¡Non xoguedes co lume!, dicíannos de nenos. Parece que á Concelleira de Festas non lle advertiron dos perigos que ten xogar cos foguetes, que é peor ca xogar co lume, e máis aínda cos foguetes de morteiro, xa se sabe: estes foguetes describen traxectorias en reviravoltas. Pois ben as reviravoltas van e reviraran aos de Barallobre o día do Patrón. Home que te reviren o día de pagar a contribución é normal, pero o día do Patrón, que é día de farra, é pouco menos que imposible a non ser que a Concelleira entrenase para conseguilo . O alcalde anda atarefado apagando o lume e incluso, segundo as malas linguas, trata de por en marcha (dado que é licenciado en publicidade) a campaña : ¡NON XOGUES CO LUME! APADRIÑA UN BOMBEIRO. Desde aquí (aínda que el non o crea) desexámoslle moito éxito

Rouco absolve a ZP na Moncloa



A prensa coincide e describir o encontro entre Monseñor e ZP como un encontro cordial. O certo é que, como era de esperar, despois de que ZP manifestase o seu arrepentimento, dor de contricción e propósito da enmenda (tal como lle recomendou Pepe Blanco tras a lectura do Catecismo de Ripalda) o Cardeal pronunciou as verbas máxicas: "Ego te absolvo in nomini pater et filius et espiritu sanctu". O que non sabemos é a penitencia que ten que cumprir ZP pero podémola imaxinar ¿ou non?.