lunes, 15 de diciembre de 2008

Tres en un: na alcaldía inventan a web 3.0

É rotundamente falso que o sr Alcalde pense que o Concello é da súa propiedade e menos aínda que sexa o seu “cortijo” porque Iván, é dicir o sr. Alcalde, será o que se queira pero non é un "señorito andaluz". É algo señorito e de Fene de toda a vida. Que na web do Concello de Fene apareza o mesmiño ca na do PSOE de Fene, debería ser motivo de orgullo para todos nós, os que mantemos este blogue non podemos estar máis orgullosos porque esto é a proba irrefutable de que hai un ordenador na alcaldía e que o título do noso blogue foi acertado, e o que é máis importante: o alcalde sabe copiar e pegar. ¿Qué hai de malo en que os dous sitios web reproduzan as noticias polo método de copiar e pegar?, a propiedade intelectual, dirán algúns, que utilizan a funcionarios para manter a web do PSOE, dirán outros. ¿Qué dirían se souberan que podería ser o alcalde quen elabora as noticias para o PSOE e que despois as cedería desinteresadamente ao concello sen cobrar un chico? ¿Por qué o alcalde non pode felicitar o Nadal a tódolos feneses e fenesas utilizando o seu blogue , a web do concello e a web do PSOE? Felicitacións por triplicado para os veciños e veciñas de Fene polo método de copiar e pegar. A Santísima Trinidade, o auténtico tres en un da web: a web3.0 inventada por Iván e Nonceda. ¡Que trema o CERN co seu acelerador de partículas incluído!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

“Continúa a súa intervención o Sr. Galego Feal (….) Di que tamén queren preguntar quen cubre a páxina web do PSOE e quen a páxina web de fenecidadán porque son iguais, e que non cren que sexa oportuno e esperan que non sexa así que se estén utilizando a funcionarios municipais para cubrir a páxina web (…)”

“A continuación pide o uso da palabra o Sr. Noceda Carballo (….). Di que en canto ás preguntas sobre a páxina web, como voceiro e como Secretario Xeral do Partido Socialista e responsable da páxina web do Concello que dos contidos da páxina web do Concello se encarga persoal do Concello e dos contidos da páxina web do Partido Socialista se encargan afiliados e membros da executiva do Partido Socialista de Fene; que si é verdade que en non poucas ocasións, a parte das noticias de producción propia utilizan noticias de diferentes medios de comunicación entre eles da propia páxina web do Concello; que en moitos casos se utilizan contidos practicamente literais e que entende que non é unha práctica que esté fóra da legalidade e se mantén; que tamén entendería perfectamente que calquera dos grupos do Concello utilice contidos da páxina web do Concello ou doutros medios de comunicación para as súas publicacións xa que é algo que solen facer todos, ben de noticias completas ou ben de extractos.“

http://www.fenecidadan.net/mediateca/Actas_e_acordos/2008/3_de_abril_de_2008.pdf

xabi dijo...

o gran invento que mudou o mundo non foi o internet, que non vos enterades, foi o "copy-paste" "ctrl+c ctrl+v" que cun leve movemento de dedos, coma se dun pianista se tratara calquera é capaz de facerse dono do que é alleo.

e o noso iván, é todo un moderno, un exemplo de que o sistema educativo é un éxito

felicidades meu

benchosey dijo...

Segundo Noceda, "....como voceiro e como secretario xeral do Partido Socialista é responsable da páxina web do concello" está clariño: é responsable da páxina web do concello como voceiro e como secretario xeral dos socialistas de Fene (é o que el di).Ou sea que a web do concello serve exclusivamente aos intereses do grupo socialista e do PSOE de fene. ¿Quen será o responsable como representante da institución municipal? ¡Esta si que é boa!

Arredista dijo...

O tema da web do concelho é umha vergonha,num principio a páxina era umha páxina do concelho mas foi chegar ao poder o blogger alcalde é empezar a ser um mero boletim informativo das reunions com promesas incumpridas d Iván.
E d quem depende a páxina? pois d Noceda, o home anda metido em todos o q ule mal no concelho

Sandar dijo...

No sé yo como no os preocupais más por lo que hace Qunintana, tanto criticar a Fraga con los gaiteiros y las empanadas y resulta que Quintana hace lo mismo pero sin gaiteiros