jueves, 20 de noviembre de 2008

A venda da xustiza-20 N

Houbo unha grande crueldade. Mataron pais de bebés e despois deron esas criaturas a amigos dos asasinos. Nenos e nenas, con pais asasinados, medraron baixo o mesmo teito ca os criminais do aparato político- militar e paramilitar da dictadura; estou a falar de Arxentina. Para que os crimes quedasen impunes vendáronlle os ollos a xustiza coa lei de punto final. A presión das mais e as aboas da Praza de Maio consegue derrogar a lei. Agora eu quixera ser arxentino. Aquí, en todo o Estado Español, houbo monstruosidades maiores: as cunetas foron o fin do viaxe das sacas das cárceres do franquismo, confesión e pelotón de fusilamento. A Igrexa, faltaría máis, bendicindo o crime. Moitos persoas que hoxe andan polos setenta anos foron bebés roubados a uns pais asasinados e non o saben. O Fiscal Xeral do Estado, o Consello do Poder Xudicial, o Goberno, e por suposto os herdeiros da dictadura, compiten por apertar o nó da venda da xustiza coa lei de amnistía. Entre todos os demócratas podemos tronzar a venda

3 comentarios:

Arredista dijo...

A famosa "transición" espanhola foi um exemplo da vergonha.Como podem explicar que altos cargos do rexime podiam e podem seguir num carro oficial despois de ordenar matanzas e de facer campanhas manipuladoras nos mass media cando morria algumha persoa importante asasinado pola súa policia (caso Grimau).
Por nom falar da cara dura dalgum juiz espanhol que decidiuse a investigar o acontecido em Sudamerica antes que o acontecido em Espanha, há que ter cara.
P.D. se tedes oportunidade lede o livro "Caza de rojos" fala da luita clandestina do partido comunista durante o franquismo e no que tambem sae mal parado um amigo dum concelheiro de Fene (Carrillo)

Antonio dijo...

Si, no caso do asasinato de Grimau todos os ministros firmaron o "conforme" á súa condena a morte (entre eles Fraga Iribarne), o único que puxera algún tipo de reserva foi Areilza. Por suposto que a transición foi un apaño que cosistíu en botar terra sobre os crimes do franquismo,o que aceptaron o PSOE e o PC. Efectivamente no libro "Caza de rojos" Carrillo sae retratado como a persoa preocupada por pasar a historia como estadista sin lle importar a caída dos mellores camaradas do partido, non sei o concellerio de Fene se está preocupado tamén de pasar a historia como como gran ideólogo de Fuco Buxán

Arredista dijo...

Vexo que já liches o livro que che dicia,a verdade é que eu gostei da istoria que contaba.
Eu creo que coa transiçóm os únicos que perderom forom os represaliados(tanto os que pasarom polas cadeias como os mortos) da dictadura, porque forom os grandes olvidados.