Un estraño virus percorre Fene, xa sei, esto é parecido a “Un espectro percorre Europa...” Manifesto comunista de Marx e Engels. ¡Ave María purísima!, ¡a onde me foi dar a miña cabeza, 160 anos cara a tras ! Estás desvariando, dirán os que se esforzan en soterrar ao marxismo ( “neocons” e socialdemócratas) e o marxismo ao igual ca Lázaro empéñase en resucitar. Un virus non é un pantasma nin un espectro pero é tan resistente aos antibióticos coma os pantasmas ¿Cal é o virus que percorre Fene? Temos información de que se pasea pola Alcaldía coma Perico pola súa casa ¡Pobre Ivanciño! Témoslle aprecio ao alcalde, e é unha magoa que estea afectado por ese virus a persoa que pensou que gobernar era o mesmo ca construír un discurso lindo con catro palabras e media, por eso mesmo lle está afectando o virus. ¿Que facer? (como diría Lenin) , os remedios son paliativos, contra os virus compre empregar menciña preventiva e contra este en concreto tiña que saber o alcalde que precisaba de capacidade para escoitar, para se informar, para xestionar e para tomar decisións. Non estamos a dicir que non teña esas capacidades o que parece é que ten dificultade para usalas na acción de goberno. Para chegar ao concello Iván liderou a conxura contra o Dr. Yáñez pero como o mundo non para de dar voltas ¿será o Dr. Yáñez quen vaia menciñar a Iván?. Arredista, un lector ben informado deste blogue, pensa que si ¿Terá o alcalde pesadelos co Dr. Yáñez ?domingo, 30 de noviembre de 2008
Un estraño virus ou os pesadelos do Sr. Alcalde
Un estraño virus percorre Fene, xa sei, esto é parecido a “Un espectro percorre Europa...” Manifesto comunista de Marx e Engels. ¡Ave María purísima!, ¡a onde me foi dar a miña cabeza, 160 anos cara a tras ! Estás desvariando, dirán os que se esforzan en soterrar ao marxismo ( “neocons” e socialdemócratas) e o marxismo ao igual ca Lázaro empéñase en resucitar. Un virus non é un pantasma nin un espectro pero é tan resistente aos antibióticos coma os pantasmas ¿Cal é o virus que percorre Fene? Temos información de que se pasea pola Alcaldía coma Perico pola súa casa ¡Pobre Ivanciño! Témoslle aprecio ao alcalde, e é unha magoa que estea afectado por ese virus a persoa que pensou que gobernar era o mesmo ca construír un discurso lindo con catro palabras e media, por eso mesmo lle está afectando o virus. ¿Que facer? (como diría Lenin) , os remedios son paliativos, contra os virus compre empregar menciña preventiva e contra este en concreto tiña que saber o alcalde que precisaba de capacidade para escoitar, para se informar, para xestionar e para tomar decisións. Non estamos a dicir que non teña esas capacidades o que parece é que ten dificultade para usalas na acción de goberno. Para chegar ao concello Iván liderou a conxura contra o Dr. Yáñez pero como o mundo non para de dar voltas ¿será o Dr. Yáñez quen vaia menciñar a Iván?. Arredista, un lector ben informado deste blogue, pensa que si ¿Terá o alcalde pesadelos co Dr. Yáñez ?
Fene, concello, alcaldia, ordenador
Alcaldía. Sí home,
Política local
| Reacciones: |
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Eu nom dixem iso,eu dixem que cando Ivan marche (todos sabemos que a súa "carreira" pasa por outros sitios) Jorge é umha baza que nom esá descartada.
Esta claro que Iván foi o que deu a cara para eliminalo do cartaz,mas foi el o que ideou ese plam?.Nom sei se aínda se pode ver mas no blogue do BNG d Fene se creara um debate entre sociolistos destacados (nom fora militantes de base porque eles mesmos identificabanse) da bisbarra sobre a jogada a Jorge
Ai vos deixo a ligaçóm sobram as palavras http://bngfene.blogspot.com/2006/08/o-mis-escuro-da-poltica-no-psoe-de.html
Certo, Arredista.Queda aclarada a túa a túa opinión. Grazas por participar
Publicar un comentario en la entrada