lunes, 24 de noviembre de 2008

O Rei de bastos fai un desmentido: "Eu non son Antón Nonceda"

Eu nunca mandei cartas ameazantes aos traballadores do Concello, nin amedrentei a delegados sindicais para impedir a súa labor de representación, sempre respectei e escoitei as propostas dos demais e detesto a falta de educación . Se aparecen por aí caricaturas miñas, que amosan moito parecido coas do concelleiro Antón Nonceda, teño que dicir que se deben a crueldade que o debuxante practica con migo. Son o rei de bastos, non son nin quero ser o señor Nonceda

Asinado: A súa maxestade o Rei de bastos

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Eee ¿ quen ven sendo,o tal NON-CEDA ?

benchosei dijo...

Disque é un que manda o que lle peta e cando lle peta, as malas linguas din que ate o alcalde lle teme, eu non o creo.Os amigos din que é o único que ten collóns (aquí tampouco estou de acordo porque a mutilación sexual é un delicto e está prohibida,xa que logo compre supor que tódolos concelleiros e concelleiras dipoñen dos seus órganos sexuais). O que si que parece que está demostrando é que para gobernar precísase neuronas e non testosterona. Pero sempre houbo quen confunde o touciño coa velocidade

Arredista dijo...

Se ides a algum pleno do concelho o conheceredes porque o tío máis maleducado.
A verdade é que co bigoverno de Fene as cousas mudarom. Nem o BNG e o mesmo de antes, nim os do PPSOE forom a soluçóm que tanto vendiam. Recordar que vendíam um concelho em quiebra e o primeiro que fixerom foi pasar dum liberado dos tempos do BNG a cinco.
Mas o alcalde já cumpriu agora já pode seguir o seu caminho cara ao estrelhato. Mas a pregunta é, quem substituira a Ivancinho no PPSOE Nonceda? q medo.Ainda vai ganhar o PP em Fene

sandra dijo...

Os duele que Noceda ponga orden en el funcionamiento del concello y que con el desapareciera el amiguismo, por eso le insultais. Adelante amigo Antón ¡ánimo!

Arredista dijo...

Poner orden?.Se ponher orde é andar a dando a nota entom si que se supera.
O que esta claro é que o concelho esta a deriva.Nom tenho nada contra Ivan e desejolhe o milhor na súa carreira política mas anda máis preocupado do seu futuro que do concelho.
Em ano e meio que fixo?,as obras que se estam facendo no concelho já foram asinadas na época do "desgoverno" (palabras de Ivan na prensa).E que conste nom lhe boto so a culpa ao ppsoe que nom esta governando sozinho,mas cando chegue a hora e suba o PP logo viram os choros.
E o sigo dicindo nom tenho nada contra el, nom o votei nim o votarei nunca a el nim a ningum partido espanhol.

Antonio dijo...

Coido que o Iván, contra o que eu tampouco teño nada aínda que el pense o contrario, considerou a alcaldía como o principio dunha carreira política de longo recorrido ¿é lexítima esa aspiración?, non vou ser eu quen diga que non. Agora ben, antes de chegar á meta, compre correr todas as etapas e a de alcalde está queimando a Iván. Antes, na oposición era sinxelo, unha retórica máis ou menos afortunada, saberse colocar no mellor encadre para a foto e unha actitude amable , acompañada do seu sorriso, eran suficiente para realizar un traballo con repercusión nos medios. No goberno a cousa cambia: compre tomar decisións e eso trae consigo problemas. Iván, ademais semella ter dificultade para a xestión diante dos órganos supra municipais (véxase o estado da travesía de Avenida naturais, os veciños levan agardando seis meses pola segunda capa de asfalto). Por moito que declare o seu amor eterno (metaforicamente por suposto) a Mar Barcón e saiba escoller con tino as súas amizades políticas separándose de Ricardo Varela cando para este pintan bastos non parece que a súa capacidade de xestión sexa grande, agora mesmo está desexando poder cambiar de aires, ¿Quen virá?. Hai moitas papeletas a favor de NON-CEDA

Arredista dijo...

Antonio eu nom me olvidaria dumha persoa que ainda que no seu momento lhe fixeram a cama sigue estando ai,nom olvidar que o ppsoe deulhe um cargo importante na direcçóm da area sanitaria da bisbarra, Jorge. E como me comentaba xente d outros partidos pode ser o melhor candidato do ppsoe e o que mais dano lhe pode facer tanto ao BNG como ao PP.
Sobre Ivan um dia comentabame umha persoa que era um gram politico mas nom para o trabalho num concelho sim para o trabalho num parlamento. Se algumha vez acudichedes a um pleno podedes ver que gosta muito de falar,algo que num parlamento quedaria bem mas num concelho há que actuar e ai e onde falha.

Antonio dijo...

Arredista,non me esquezo de Jorge Yáñez, certo que sería o candidato que no seu momento máis dano lle podería facer ao PP e ao BNG, tamén é certo que segue a estar aí e por suposto que podería volver, agora ben, para eso penso eu que terían que se dar dúas condicións: a primeira que el quixera volver porque ao mellor prefire escalar na sanidade e a segunda que os que participaron na conxura contra il lle deixen volver