lunes, 10 de noviembre de 2008

Asasinar ideas


Os peores asasinos son os que queren matar ideas para despois impor as súas co berro cuarteleiro ¡ar ! Son os máis sanguinarios, como as ideas non seguen o ritmo das marchas militares, e non as poden destruír con balas, empregan a dialéctica de puños e pistolas contra as persoas. É certo que sempre houbo este tipo de individuos pero eso non pode evitar que nos preguntemos ¿porque a fiscalía non actúa de oficio cando algún Ynestrillas fai apoloxía do golpe de estado ?¿Porque en Internet hai webs ou blogues con contidos xenófobos e racistas, xa que logo claramente delictivos , e non se fai caer sobre os seus autores o peso da lei? ¿ Quen apadriña ao fascismo por un puñado de votos?

2 comentarios:

Arredista dijo...

Acabo de velo blogue esta moi interesante,a partir de agora nom deixarei de visitalo.
Vejo que te metes muito co "progreso" de Fene jejejeje, nom somos so os de Maninhos os que "o vemos"

Antonio dijo...

Grazas arredista pola boa valoración que fas do meu blogue, sempre veñen ben novos folgos para seguir na loita