domingo, 16 de noviembre de 2008

Alcalde en Nova York

O Sr alcalde estivo en Nova York ou New York ¡Parabéns! Non dixo que se entrevistase con Obama, faltoulle pouco: unha case- entrevista de un alcalde, case- estadista, co presidente electo dos USA ¡Manda truco! e nós sen o saber. É o primeiro alcalde dun concello da UE que case se entrevista co primeiro presidente negro dos USA. Para nós é unha case- alegría moi grande, só hai algo que non nos gustou: por mor da súa humildade case non nos decatamos de que viaxara vostede aos Estados Unidos de Norteamérica , e o que case non lle perdoamos e que nos ocultara esa case- entrevista con Barack Obama. Polo demais o dito: ¡parabéns!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

ben está ben este case posto do teu case blog

Case vikinga dijo...

Anónimo, ti que debes entrar aquí case tódolos días, e debe ser porque case che entusiasma este blog. Se non che gusatara case non entrarías.

Antonio dijo...

Grazas, case vikinga, polo comentario inxenioso que fixeches

Arredista dijo...

Agardo que um día analices dous temas moi interesantes,ou polo menos eu os considero interesantes.
Por umha banda o do senhor Nonceda cos funcionarios que vaia festa tenhem montada e o tema da paxina do concelho que cada día se parece máis ao seu blogue