Un coello na chistera
Non sei a quen me dirixir, non confío en ninguén e menos no autor ou autores dun desaguisado do calibre deste blogue, ou bitácora, que atende en Google polo nome de "Un ordenador na alcaldía..." Sempre tiven moito traballo, non o nego, pero e que agora nin tempo teño a me rascar os bigotes. ¡Canto boto de menos os días no circo Price dos irmáns Tonnetti! Non é que xa non haxa pallasos ou circos: ale hop! e Franco nin vivo nin morto, ¡nada por aquí e nada por alí! e ¡oh! sae unha manifa dos que son oprimidos por a lingua imperialista de Curros e Rosalía; ¡tachín! ¡tachán! e ¡ah! e ¡uf! e ¡hostia!, vemos a unha ducia de Banqueiros que se van arruinar, e outra vez ¡ hostia ! ¡hostia! e o goberno di que compre darlles cartos ¿Que fago eu mentres? traballar como un escravo na maldita chistera: agora entra, agora sae, agora saca unha pata. Así sempre coma os presos en galeras
Asinado:
O coello da chistera

1 comentarios:
Coellos da chistera é o que tes que sacar ti para manter este blogue ¿ou non?
Publicar un comentario en la entrada