" Queridos mamá y papá:" eso é o que me escribiu o ordenador, nada máis teclear “querido”. Si, querido, porque esta carta vai dirixida a ti meu querido xefe, xa ves o listo que é o procesador de textos, que sabendo como sabe o aprecio que che teño trabucouse e pensou que lles estaba escribindo aos meus pais. Non sei ben porque che escribo e tampouco se te podo tratar de ti. ¿Non cres que ás veces facemos ou dicimos algo sen saber porqué?, ao mellor ti non o sabes, xa sei que todo o que fas e dis é froito dunha profunda reflexión, por eso poida que non comprendas porque che escribo, porque ti non te moves por impulsos. Claro que por ser xefe tes a cabeza moi ben amoblada, incluso serás capaz de comprender este meu impulso epistolar que me veu de repente coma un sarampelo. O que che paso a dicir meu xefe é o que a xente anda a dicir de ti.
Uns din que por ter terás moita competencia pero que non a demostras, se segues o meu consello: ¡nin caso!
Outros que o que tes de listo quédache ben, só che podo dicir que ¡nin caso!
Algúns din que estás aí pouco menos ca posto polo dedo índice do manda máis, ¿quen lle pode dar creto a esas bocas gansas? ¡Nin caso!
Tense escoitado que es forte cos febles e feble cos fortes ¿Viches parvada ao paso?
Ás veces din que non aturas as críticas pero ¿ a onde queren ir parar? ¡Nin caso!
Tamén se escoita que cando te enfadas es prepotente e chegas a insultar ¡Nin que por ser xefe non poidas ter dereito a liberdade de expresión!, ti ben sabes que a esto: ¡nin caso!
E xa para rematar meu querido xefe hai quen, de forma mal intencionada, di que peor xefe non pode haber e eso si que non llelo consinto: eu son moito peor e por eso te quero de xefe. Fai o que che eu digo: ¡nin caso!
Meu ben querido xefe desta volta non che escribo nada máis, agardo que cando recibas esta carta goces de saudiña.
Apertas do teu asesor

3 comentarios:
Ay os xefes! sempre con xente interesada arredor que lles distorsiona a realidade.
si é certo que hai xente interesada en lles distorsionar a realidade aos xefes, e eles moitas veces, por vaidade, tamén están moi interesados en crer as mentiras que lles contan, sobre todo se son para os gabar
non sei quen ese asesor e ese xefe pero parecer parecense moito a xefes e asesores famosillos
Publicar un comentario en la entrada