Moi señora miña:
Non sei o que lle pasa porque eu nunca tiven a doenza que vostede ten, hai quen di que é ¡de rabo de rula!. Grazas a Deus, e aos meus pais, teño unha lingua que me deu, e está a dar, moitas satisfaccións e non me produciu problemas importantes. Digo señora Bilingüe, e non se enfade, que para min é difícil comprender o que vostede sofre por culpa da lingua, mellor dito por ter dúas linguas na mesma boca. “Dixen, coa miña lingua pequena, ¡vaino ter fodido!” “E deille ánimos, dicíndolle que non se preocupase que todo había de ir ben”. Escoitándolle de neno ao meu pai conversas coma estas, descubrín que a lingua pequena era para pensar e a grande para falar, só que lingua pequena socorría á grande e ademais non ocupaba lugar. O meu pai nunca foi bilingüe: sempre estivo rexo coma un buxo. Logo o seu caso, Sra. Bilingüe, debe ser distinto, e perdoe pero non podo máis ca pensar en situacións chuscas: unha das linguas dicindo: “vóucheme a Sanxenxo”, a outra pelexando por dicir “te me voy a Sanjenjo “ e as dúas compartindo un espacio tan pequeno coma a boca. Hai veces que, pensando en vostede, lembro á vaca Juanita, anque o caso da vaca, fóra a alma, era ben distinto ao seu: ela tiña dous rabos que non se estorbaban porque dispoñían de espacio para desempeñar as súas funcións. Nunca foi ningunha eiva para Juanita ter dous rabos pero comprendo que vostede teña sufrido o seu.
Desta volta vou rematar e , sen máis que contarlle , desexo que cando reciba esta misiva leve a súa doenza como mellor poida. Eu digo, coa miña lingua pequena, que se non se cura é porque non quere.
Unha aperta desde a Galicia con Lingua

6 comentarios:
O se que no érais radicales?. Sois los de siempre. Yo soy gallega, tanto como vosotros, pero tengo libertad para hablar la lengua que quiera sin imposiciones. Ahora el gallego se trata de imponer, y estamos en una democrcia, o eso creo yo ¿o no?
Ola boa noite Sandra,mira unha cousa,vou ser amable contigo,(pois eu non son radical,nen matéi a ninguén),ca idade que teño,pois de cando en vez,lembro que,facendo preguntas a miña nai,pois fíxenlle unha,"os teus pais falaban o galego?? ",e miña nai respostoume,"boeno oh,eu lembro que o meu abó,xa o falaba",ou sexa,por orde xeracional,nos poñeríamos de uns !! 180 anos !!, pois ven a fío de que,se fai 180 anos xa se falaba o galego,pois asegún tí,e por onde queres ir a parar Sandra,o BNG !! xa exitía !!,(dixen o BNG,coma outra forza politica que defenda O GALEGO,A LÍNGUA GALEGA,eisi que mañá xa lle dou a boa nova de que meu "tataratara-abó tamén era do BNG ",grazas Sandra por-me abrir-los ollos,e sinceiramente,Sandra,lé un pouquiño máis de historia,a poder ser da Galiza,outra cousa é,que os queimes,unha aperta agarimosa,por certo Afonso X o sabio,(rei hespañol),gustóulle tanto o idioma galego,que acabou escribindo versos,poemas e cantigas.....en Galego,e o de sabio non llo pusen eu,ainda non nacera,eu ,claro, boa noite, un galego que non ten xenreira de Sandra, e tí min
Sempre houbo quen renegue da lingua, é un xeito de alienación, quizás o máis grave. ¿Como se pode ser galego en español? que alguén mo explique
sandra, eu sinceiramente non vexo que ningún galego que empregue o español para expresarte teña os problemas que tiven eu por usalo galego, na universidade por exemplo. E non estou a falar de fai 40 anos con Franco, falo dos últimos 6 anos. Evidentemente non son quen de dicir que me suspenderan algunha asignatura por este motivo, pero si que se fixo mofa de que eu o usara a miña lingua materna.
Eu, querida Sandra, non obrigo a ninguén a empregalo galego, pero dendelogo que non admito que me obriguen a min a usalo español en Galicia. E de seguro, que por cada problema que ti tiveras por usalo español, eu tiven dous ou tres por usalo galego.
Por certo, e esto é o lamentable, con xente galega, que me entende perfectamente.
pero...¿tienen o no tienen los padres derecho a escolarizar a sus hijos en la lengua que quieran? Supongo que sereis demócratas, todos los que os manifestais en este Blog y estareis de acuedo conmigo, ¿o no?
o que teñen é a obriga de estudar as dúas linguas oficiais da rexión onde viven, que xa de por si da dereito a estudalas. e non discriminar a ninguén pola que empreguen.
A min discriminaronme, a ti?
Publicar un comentario en la entrada