Punto final
Baixando de Marraxón puiden ver esta posta de sol, e como estamos en tempo de rimas, sonetos con estrambote, décimas e coplas de pé quebrado, caín do cabalo- é un dicir- igualiño ca Saulo de Tarso, é dicir San Paulo. Por eso manifesto, con toda á solemnidade do freak forzoso, que nunca máis volverei falar mal, criticar, ironizar, satirizar e esbardallar a respecto do alcalde. A partir de agora sempre que me refira ao noso alcalde só será para facerlle loas. Amén

3 comentarios:
¡Conmovedor! Realmente os poetas e escritores mediocres apropiáronse do outono. ¡Que pena!
Mellor sería que ilustrases as entradas con fotos, anque sexan malas, ca con estes debuxos que dan pánico. O mellor de todo sería que deixases o blogue en branco. Proba e xa verás que ben che queda
visito este blogue de vez en cando e vexo que cada vez é máis inxenioso, non estou de acordo con Alarcos: a min divírteme
Publicar un comentario en la entrada