¡Que barbaridad! ¡Según el periódico de Pedro J en Galicia se enseña en gallego!
De Pedro José Ramírez tense dito moito, el mesmo fala moito de si mesmo. Chámanlle Pedro Jeta e non é para tanto, anque jeta non lle falta. "Tinta en las venas" é o título da súa última biografía (haxiografía diría eu) que vin remexendo nunha morea de libros, na cabeceira de lineal do supermercado entre as cebolas e as cirolas. Así vai, con tinta nas veas, das hortalizas á lencería, sen se decatar que a tinta e un veleno e por eso publica o que publica. É falso que Pedro J. se teña manifestado a respecto do galego dicindo: "¡Lo que nos faltaba que los gallegos enseñen en gallego!" "¿donde iremos a parar?" Pero se cadra pensouno

2 comentarios:
Pedro jota falará de si mesmo pero ese e-pésimo que recolle a noticia do colexio americano en Galicia retrátase co "pésimo" alcume que elixiu. A demagoxia é moita: "prohibido estudiar en español" ¿onde será iso? ¿será en Cantabria? Porque en Galicia creo que está ao 50% co galego
Efectivamente: a demagoxia é moita. Agora ben, a demagoxia serve para que apareza un problema lingüístico onde non o hai. Despois a río revolto...gañan os de sempre. Coincido co comentario da anónima
Publicar un comentario en la entrada