martes 4 de agosto de 2009

Rumbo de colisión

Liberaron ao alcalde. ¡A foderse! E a dorna non é que vaia sen rumbo: navega vento en popa dereitiña cara os cantís. Algúns exemplos:
1 O líder indiscutible (en palabras de Pelouro ou Couce Pereiro ou Felipe do Muhiño , tres nomes distintos e una mesma persoa) pretende meter nos presupostos un PLAN F; o neno Ivanciño quere xogar a estadista emulando a ZP e o seu Plan E.
2 O tal Iván pretende ademais contar cunha partida xenerosa da que poida dispoñer para os investimentos municipais que considere, e xa se sabe ¡Obras son amores! Fagámonos dúas preguntas inocentes ¿Que competencias delegou o Pleno do Concello na Alcaldía? ¿Cando terá tempo a oposición para facer que o Pleno recupere as súas competencias?
3 Guindastre ou grúa: dispositivo mecánico que serve para retirar vehículos mal aparcados. O concello de Fene non ten guindastre, tampouco debe ter ordenanzas que regulen as taxas pola retirada de vehículos, eso si : retira vehículos ¿Como? ¡Eso nos
gustaría saber!
4 “Cueva” , en galego cova ou toco: habitáculo escavado na terra ou na rocha onde se esconden ou resgardan animais ou xente. Cova da loba, cova de Alí Baba. En Fene as malas linguas atribúenlle ao alcalde o dito “voy para la cueva” cando se dirixe á casa do Concello ¿?
5 Gripe A ¡Non agarde pola vacina! Inmunícese en Fene dándose unha volta a carón dos contedores da Avenida Naturais ¡ Inmunización ao instante!

6 (continuará)

lunes 20 de julio de 2009

Un alcalde medio astronauta



Por moito que buscamos e rebuscamos nas hemerotecas non atopamos , ate o momento, ningún dato que poida confirmar a existencia no mundo mundial de un alcalde medio astronauta, agás o ínclito Iván Puentes, o único alcalde medio astronauta do mundo, o máis novo de Galicia, que acaba de comezar o terceiro ano triunfal ao fronte da Alcaldía de Fene ¿En que baseamos a afirmación de que o tal Iván é medio astronauta? Vexamos que fai o alcalde cando no Concello aparece un problema: "Houston, we have a problem" pronuncia mentalmente as verbas máxicas, agardando a que alguén lle poña remedio, e pensa "Houston: they all have a problem" . Son (somos) os de Fene, they all, os que teñen (temos) un problema. É un medio astronauta que viaxa polo espacio-tempo a piñón fixo e enfundado no traxe da política-pizza, confeccionado a partir de masa levedada con aromas dos esquerdistas de pensamento feble e mozarella do saldo de ideas das xuventudes socialistas. Calquera que pasee pola Avenida dos Naturais de Fene pode comprobar como se está transformando nunha paisaxe luar cos seus fermosos baches: os repugnantes da NASA están a rabexar de envexa. O alcalde traballando arreo no espacio sideral e aínda hai que se atreve a criticalo ¡Canta ingratitude! ¡Fene, gracias a o tal Iván, é unha potencia espacial! Ser medio astronauta non é o mesmo ca ser a metade dun astronauta, como ser medio parvo non é o mesmo ca ser a metade dun parvo e pese a todo aínda hai desagradecidos que pensan: Ivan, you are the problem

miércoles 8 de julio de 2009

¡Gora San Fermín!

FENEstrados, fenefoxas e feneconcello forman unha sorte de troika blogueira que analiza a política fenesa e nomeadamente as ocorrencias do ínclito Iván Puentes. Os que perpetramos a aventura de feneconcello empezamos en esto porque cando se nos ocorreu criticar ao MEGAlider, (ou TERAlider) deixando algún comentario en ivanpuentes.com resultou que os censuraba se non eran do seu agrado. Así foi como nos lembramos do que nos contaron da emisora a Pirinaica: ¡Aquí Radio España Independiente….estación Pirinaica! ¡Única emisora sin censura de Franco! Iván primeiro o censurador, o alcalde máis novo de Galiza, o case líder cósmico non permitía nin permite a crítica ¡Claro que os de feneconcello lle estamos agradecidos ao tal Iván! Moitas grazas Sr Alcalde: a censura deunos lectores e polo que se vé a vostede estao deixando sen eles. ¿Qué a que ven o debuxo? Si ben sabemos que vostede non foi correr diante dos touros, por a costa de Santo Domingo, Mercaderes ou Telefónica, pero como se fixo retratar facendo spinning para perder lastre, queríamos lle dar máis emoción ao conto poñendoo diante dun astado . E a cousa resulta: non somentes é vostede o máis novo de Galiza, senón que ademais nunca o collerá o touro, está comprobado, vostede practica o escapismo con extraordinaria maestría para agachase tras da barreira. Os seus marichis e palmeros berran ¡torero! ¡torero! cando lanza a idea de que os concelleiros fichen a entrada e saída na casa do Concello, cando imaxina o parque da Autoestrada, cando denuncia diante da fiscalía a Xosé María Rivera Arnoso. Pero vostede non sei se será torero o que sí é e escapista. Ningún dos grandes problemas do Concello ten forza dabondo para impedirlle que escape. Os espectáculos circenses perderon unha figura senlleira o que non deixa de ser unha perda para o circo e un desafortunado accidente para a política municipal. Non hai hoxe poesía porque corren malos tempos para a lírica . Saúdos aos amigos de FENEestrados e fenefoxas

jueves 2 de julio de 2009

Soneto con estrambote, dedicado ao alcaldiño de Fene


O Ivanciño anda quentando a cadeira,
paseando a axenda dun lado pa outro,
el bótalle sempre as culpas ao outro
e está no despacho daquela maneira.

Se na beira rúa encontra un burato
con medio sorriso di quince palabras:
son algúns veciños, non gardan as cabras,
e máis os do Bloque que fan desacato

a estas alturas do primeiro terceto,
con moitos furados e o pacto rachado,
o grande Ivanciño coida que é perfecto.

¡Que risa veciños! xa chegou o cambio
atrasou dous anos por culpa do Bloque.
¡Fuxide buratos! En Fene hai recambio
-----------------------------------------------
eu son o alcalde, nunca me equivoco
sonvos moi listiño porque eu nada fago
e a culpa é do outro porque eu nada toco